Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: O corpo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: O corpo. Amosar todas as publicacións

14/06/2021

OS SENTIDOS EN 6º DE INFANTIL

Para rematar o noso proxecto sobre o corpo humano afondamos no mundo dos sentidos. Para facelo, tivemos a sorte de ser os primeiros nenos e nenas en ler un conto moi especial, "Areíñas na pel", que está a piques de publicarse e que nos axudará a todos e todas a entender moitas cousas sobre os nosos 7 sentidos e a integración sensorial.

Pensabades que só tiñamos 5? Pois resulta que non.

Teño que dar a grazas ás súas autoras, Meirch&Peich @infanciamyp, por darnos este privilexio, ser pioneiras e darse de conta de que non todas as historias estaban contadas.

Despois de ler a historia de Uxía e escoitar as súas cancións fixemos un obradoiro con sete probas sensoriais que encantaron ós leóns e leoas.








06/05/2016

PROXECTO: O CORPO

FELIPE MANDOUNOS UNHA CARTA PREGUNTÁNDONOS SE QUERIAMOS INVESTIGAR SOBRE O CORPO, E, COMO NON, AS BOLBORETAS DIXEMOS QUE SIIIIIIIIIIIIII!!!!!!
ASÍ QUE NOS PUXEMOS A TRABALLAR. PRIMEIRO DIXEMOS QUE ERA O QUE SABIAMOS SOBRE O CORPO, E SAÍRON COUSAS MOI INTERESANTES  
DESPOIS, COMO XA SOMOS MOI MAIORES, APUNTAMOS CADA UN O QUE QUERIAMOS APRENDER

 


 FELIPE MANDOUNOS UNHA CARTA E DICÍA QUE NECESITABA  SABER COMO SE CHAMABAN OS SEUS ÓSOS.ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA E REPARTIMOS ENTRE TODOS AS PARTES PRINCIPAIS DO CORPO PARA PODER INVESTIGAR NA CASA.

E ESTE FOI O NOSO TRABALLO. 









11/04/2016

A VISITA DE FELIPE

A SEMANA PASADA RECIBIMOS UNHA CARTA DE FELIPE...PERO QUEN É FELIPE? AS BOLBORETAS CONTAN A SÚA HISTORIA