Amosando publicacións coa etiqueta 4º Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º Infantil. Amosar todas as publicacións

01/10/2026

O ALUMNADO DE 4ºI VISITA A BIBLIOTECA DE PACO

 Unha vez rematada a adaptación, o alumnado de 4º de Infantil fixo un percorrido por todo o colexio para coñecer as diferentes dependencias: o comedor, o ximnasio, as aulas e, como non podía ser doutro xeito, a nosa querida biblioteca escolar. 

Alí descubrimos xuntos os diferentes espazos e recunchos da biblioteca e presentamos a un dos seus grandes protagonistas: o rato Paco, a nosa mascota! 

Estes primeiros encontros coa biblioteca son sempre momentos moi especiais, cheos de ilusión, curiosidade e emoción.

Benvidos á vosa biblioteca! Que este sexa o comezo de moitas aventuras entre libros e historias. 



17/03/2026

OBRADOIROS DOS VENRES

 O pasado venres tivemos obradoiro de arte , un gran bingo e xogos. 

  



 

15/03/2026

OS MÁIS PEQUES DO COLE FAN MÚSICA COAS MARACAS.

 Os nenos e nenas de 4º de EI experimentan na aula cos instrumentos: as maracas. 



11/03/2026

08/03/2026

EXPERIMENTANDO NA CLASE DE 4º DE EI

 Os máis peques experimentan , constrúen , xogan con diversos materiais... E reutilizamos!

Os materiais máis básicos son un tesouro. 

 



04/03/2026

OBRADOIRO DO VENRES 27 FEBREIRO

 Dous obradoiros: obradoiro de arte e unha xincana.

Como tódolos venres xuntámonos toda a infantil para os obradoiros.

O profe Diego preparou unha xincana e as profes un obradoiro de arte.

 

                                                            A XINCANA

                                                              

                                                               OBRADOIRO DE ARTE




 


27/02/2026

UN BECHO EXTRAÑO

 Os nenos e nenas de 4º de Infantil leron o conto,  

 " Un becho extraño", e encantoulles.

Elaboraron coa plasti o seu propio becho. 


 

12/02/2026

QUE GUAPOS DISFRAZADOS

 Vaia variedade de disfraces: hulk, flash, serea, pipi, capi América, pirata...


 

10/02/2026

PACO MECO PEDÍU ALGO GRANDE

 Os nenos e nenas de 4º e 5º de EI xogan vestidos con roupa grande que mandou Paco Meco.





 

08/02/2026

COMO NOS GUSTA O NOSO" NOME"

 Os nenos e nenas de 4º de EI seguen a traballar co seu nome: recoñecer o seu nome, escribilo, a súa inicial... 

 




 

OS NENOS E NENAS DE 4º DE INFANTIL DESCUBRIRON QUE NO COLE HAI RATOS.

 Os máis pequenos coñeceron hoxe ós nosos robots.

Os nosos robots son uns ratiños morados cheos de botóns. 

Xogamos un montón.


 

07/02/2026

COLOCA OS VASOS

Os nenos de 4º de EI, estrearon xogo de vasos. Recoñecer, identificar e relacionar as láminas de vasos cos vasos reais. 

 




06/02/2026

OBRADOIRO DOS VENRES

 Como cada venres celebramos o obradoiro de Infantil, hoxe decoración de ENTROIDO que xa está chegando... 

 
 





  



 

05/02/2026

RECREO CREATIVO

 No patio os peques do cole teñen moitísimas opcións de xogo: bicis, motos, triciclos, pezas de construccións grandes e pequenas, pedras de cores, cociniña, cubos e pas.. 

Máis para os máis creativos ... os murais con témpera sólida son unha gran opción.

 


 

29/01/2026

XOGO NO PATIO

 Os nenos e nenas de EI de Quintela xogamos a moitísimas cousas no patio de Infantil: 

circuito de bicis, construccións , xogo simbólico coa cociña e a tenda, cos charcos...

 




 

28/01/2026

INGLÉS CO PROFE BRUNO

 Hoxe os nenos e nenas de 4º e 5º de EI, xuntáronse para xogar con Bruno na clase de inglés.  

Os animais do conto "a que sabe la luna" e a variña máxica que se fai cada vez máis grande. 

 



OS PEQUES DO COLE COCIÑAMOS A PAZ COAS NOSAS FAMILIAS

 O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o día da PAZ en Quintela.

Esta semana cociñamos unha receita todos xuntos para conseguir unha deliciosa PAZ.

Os nenos e as familias botarán un ingrediente na pota da entrada para poder guisar.

Toda a semana a pota no lume ata o venres que xa poderemos degustar esta receita.



 

25/01/2026

MESA DE LUZ NA AULA DE 4º DE EI

                MESA DE LUZ , UN NOVO RECUNCHO NA AULA