Amosando publicacións coa etiqueta Competencia social e cidadá. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia social e cidadá. Amosar todas as publicacións

09/05/2024

Compartindo...

 O alumnado de 5º de primaria axudou esta semana as tartarugas a preparar os traxes para o festival das Letras Galegas. Grazas pola axuda😍


04/02/2024

As laranxeiras

 Aproveitando o bo tempo,o alumnado de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 5º de Primaria, recollemos as laranxas das laranxeiras que temos no colexio. Tivemos unha fermosa xornada de convivencia!!!


22/10/2023

Xogo de auga

O alumnado de Infantil aproveitou os primeiros días de outono e de bo tempo para experimentar e xogar coa auga. Pasárono xenial!!!



 

01/02/2023

DÍA DA PAZ

 Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.

Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.

Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!

27/11/2021

MURAL POLO 25N EN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

 O ALUMNADO FIXO ESTE FERMOSO MURAL PARA CONMEMORAR O 25N NO COLE. QUEDOU MOI CHULO!

OS NENOS E NENAS DE 4º E 5º DE INFANTIL FIXÉMOLO FÓRA, NO PATIO, MENTRES QUE 6º DE INFANTIL O FIXO NO CORREDOR DO COLE, XUNTO COS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º DE PRIMARIA.


27/11/2019

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Onte celebramos o Día Mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres no cole.  Falamos moito do tema nas aulas e elaboramos, entre todo o alumnado do cole un mural, o cal fomos decorando con diversas cores e bolboretas.






13/02/2019

MES DO AMOR E A AMIZADE EN 4º DE EI

NO MES DO AMOR E A AMIZADE AS TARTARUGAS FIXEMOS UN SORTEO PARA QUE CADA NENO E NENA FIXERA UN AGASALLO A UN COMPAÑEIRO E ASÍ DARLLE AS GRAZAS POLA SÚA AMIZADE.
AQUÍ TEDES O RESULTADO EN FORMA DE VÍDEO


29/11/2018

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS

Esta semana, na clase de 6º de infantil,  recibimos a visita de Lorena e Rebeca, traballadora e voluntaria da Protectora de Animais do Morrazo.
Estabamos entusiasmados coa visita, xa que este trimestre estamos investigando a tope sobre os canciños e elas están facendo un labor importantísimO cos nosos "amigos".
Visitounos tamén Chispa, unha cadeliña moi boa que soubo acoller todos os "mimos" que tiñamos gardados para ela.
Explicáronnos o labor tan importante que fan na protectora, o traballo diario que teñen que facer (limpar, dar de comer, atender os cans enfermos, levalos ao veterinario, peinalos,...), a importancia do microchip,...
GRAZAS POLA VOSA VISITA O POLO IMPORTANTE LABOR QUE FACEDES!!!

02/05/2018

PÓSTER DIXITAL UN MUNDO DE EMOCIÓNS

Aquí tedes un Glogster (póster dixital) que resume os principais aspectos traballados en Educación Emocional e Valores. Todos os recursos empregados foron creados, manexados ou seleccionados polos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Esperamos que vos guste!!

05/04/2018

PSICO NA AULA DAS TARTARUGAS

O MÉRCORES CHOVÍA TANTO NO MOMENTO DE SUBIR AO XIMNASIO, QUE AS TARTARUGAS FIXEMOS A CLASE NA NOSA AULA.
MONTAMOS UN CIRCUTO CON MESAS E CADEIRAS!!!
ENCANTOUNOS!!!



07/03/2018

AS TARTARUGAS EN PSICO

Na clase das tartarugas estamos a traballar a coordinación e o equilibrio nestas sesións de psicomotricidade.
Pasámolo moi ben cos circuitos que facemos!