Amosando publicacións coa etiqueta Audición e Linguaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Audición e Linguaxe. Amosar todas as publicacións

23/02/2024

CONCIENCIA FONOLÓXICA CON ROBOT EN EDUCACIÓN INFANTIL

Coa axuda do Robot Mouse estivemos buscando palabras que comezan pola letra que indicaba o profe. Estivemos moi atentos e aprendemos moito!!!



17/01/2024

Actividades de soplo

As tartarugas fixemos hoxe unha actividade moi divertida de soplo. Como parece que a choiva non nos abandona, fixemos unhas botas de agua saltando nun charco. Aproveitamos para facer actividades de sopro, moi importantes nestas idades, para o desenvolvemento da linguaxe, exercitando os mùsculos que interveñen na fala, especialmente os das meixelas. 

Así de chulo nos quedou.




18/05/2020

Conto: "El Gusanito"

Este conto é moi útil para exercitar as praxias orofaciais, para traballar a mobilidade dos órganos que interveñen na produción da fala, e así, estimular a linguaxe oral e previr posibles dificultades.




11/05/2020

PRAXIAS COS MINIONS

OLA, FAMILIAS!: HOXE PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PARA TRABALLAR AS PRAXIAS COS MINIONS. GOZADE CON ELES E A PRACTICAR!!!

27/04/2020

ACTIVIDADES DIVERTIDAS DE SOPRO

ESTES EXERCICIOS QUE VOS PRESENTAMOS HOXE SON PARA TRABALLAR O SOPRO, TAN IMPORTANTE NESTA IDADE INFANTIL.
TRABALLANDO O SOPRO APREDEMOS A MELLORAR A RESPIRACIÓN, A CONTROLAR O AIRE Ó FALAR, A CONTROLAR A VOZ, A PRONUNCIACIÓN, A AFIANZAR FONEMAS OU REEDUCALOS,...
AQUÍ VOS PRESENTAMOS VARIAS PROPOSTAS MOI DIVERTIDAS QUE PODEDES FACER NA CASA COS XOGUETES OU CON MATERIAL RECICLADO. SOAMENTE PRECISADES UN PALLA PARA SOPRAR.

GOZADE MOITO!!











22/11/2017

Vídeos para falar mellor!


Os gatiños da clase de 5º de infantil xogan a mover a lingua con estes personaxes tan divertidos. Deixámosvos o enlace para que todos poidades practicar dende casa ;)


02/02/2017

Vídeos de axuda para articular o son S e Z !

Os sons S e Z son moi parecidos e confúndense frecuentemente. Por iso ofrecémosvos dous vídeos que axudarán aos nenos a diferencialos.




Vídeos para mellorar a fala!

Deixámosvos algún vídeo novo que nos pode axudar para mellorar a mobilidade da lingua e a motricidade orofacial.





19/12/2016

Vocabulario R suave!

Para practicar na casa o R suave podemos dicir o nome de estas imaxes.



Xoguetes para exercitar o sopro!

É importante adquirir una correcta intensidade no soplo e ser capaz de controlalo, polo que xogar con este material será ademáis de divertido moi beneficioso para que os nenos melloren na súa fala.
Facer soar instrumentos

Desenrolar e enrolar despaciño e rápido


Facer xirar rápido e despacio

Facer soar o canto dos paxariños

Co sopro podense facer carreiras ou xogar a xuntar todas as bolas nunha zoa limitada

Producir sons longos e curtos

Intentar facer pompas de diferentes tamaños

10/11/2016

Conto "El gusanito"


Un dos contos favoritos dos nenos e nenas que ademáis de divertido nos axuda a gañar mobilidade coa lingua. É fantástico!!

02/11/2016

Información sobre a estimulación da linguaxe oral



¿CÓMO PODEMOS ESTIMULAR  A LINGUAXE DOS NOSOS NENOS E NENAS?




Cousas importantes que temos que saber

A linguaxe é un dos aspectos fundamentais para desenvolver o noso pensamento e para comprender o mundo que nos rodea 

Os adultos somos os referentes lingüísticos dos cativos e cativas, temos que ser conscientes da nosa gran influencia sobre eles 

A adquisición completa dos fonemas culmina ao arredor dos sete anos. Cada neno e nena segue o seu propio ritmo para acadalos.

                                                        ¿QUÉ TEMOS QUE EVITAR?


-         Non empregar palabras infantís como por exemplo: guaguau. Os nenos e nenas aprenden por imitación polo que é importante ofrecerlles o modelo correcto.
-         Non empregar chupete xa que pode modificar a súa anatomía orofacial.
-     Non corrixir os erros de fala do rapaz ou rapaza pero ofrecer inmediatamente o modelo correcto.
-         Non obsesionarse coas dificultades na fala porque a ansiedade transmítese aos nenos e nenas.







                                 ¿Cómo podemos estimular a linguaxe na casa?


– Dedicando un tempo diario para falar co neno e darlle tempo suficiente para que se exprese.

Favorecer unha mastigación e deglución acorde coa súa idade axudará na motricidade e mobilidade dos órganos bucofonatorios.  

Realizar xogos lingüísticos como: palabras encadeadas, veo-veo, chistes e adiviñas, formación de palabras a partir letras, ...

–É moi útil empregar xoguetes de sopro  para gañar en intensidade e control tales como: palliñas, mini-instrumentos de vento, matasuegras, pompeiros, carreiras de algodón... 

–Aproveitar o lavado de dentes para facer gárgaras, traspasar liquido dun vaso o lavabo, facer masaxe na lingua co cepillo, facer muecas diante do espello, empañalo espello mediante a respiración, etc.

–Para exercitar a mobilidade da lingua, beizos e mandíbula podemos empregar recursos de youtube sobre praxias como os que se recomendarán neste blog.