Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: os cans. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: os cans. Amosar todas as publicacións

21/12/2025

EXPOSICIÓN DOS CANCIÑOS

 O alumnado de 6º de infantil investigou este trimestre sobre a súa mascota, "Os canciños". Buscaron información na biblioteca e con todo o recollido e investigado elaborarn un "lapbook" con todo o aprendido.

Unha vez rematado o traballo, compartiron a información cos compañeiros e compañeiras de 1ºP e 4ºP. 



14/12/2025

VISITA ESPECIAL EN INFANTIL

 Esta semana recibimos no colexio unha visita moi especial. Samuel, o pai de Jacobo, e Isaac, presentáronnos aos seus canciños: Yas e Cen, uns cans que teñen un misión moi especial, xa que son cans de terapia, e Panda, un can moi simpático que nos fixo un montón de acrobacias.



17/11/2025

VISITA DO CANCIÑO LEO EN 6ºI

A clase de 6ºI segue aprendendo sobre os canciños. Hoxe tivemos a visita dun can moi especial, un caniche chamado Leo, o canciño da profe Ana.
Os peques aprenderon de maneira práctica e divertida como coidar a un can: darlle de comer e de beber, cepillalo, bañalo, poñerlle a correa e o arnés para sair de paseo, e por suposto educalo con cariño. 
Despois, disfrutamos un rato paseando a leo e xogando xunto.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimo!!

Foi un día moi emocionante!!!



12/11/2025

BUSCAMOS INFORMACIÓN

A aula de 6ºI comezou o curso cun proxecto dedicado aos canciños. Como primeira actividade realizamos unha visita a biblioteca co obxectivo de buscar información sobre o tema. Aproveitamos esta visita para levar a cavo tamén unha sesión de formación de usuarios, na que aprendemos como usar os distintos recursos da bibliteca e como atopar libros adecuados as nosas necesidades. 



 

19/06/2019

Proxecto Os canciños

Os nenos e as nenas da clase dos canciños (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota:este foi o noso proxecto durante o 1º trimestre. O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes. Este é o resultado da súa investigación!!

22/03/2019

VISITA DO VETERINARIO

ESTA SEMANA RECIBIMOS A PEDRO, O VETERINARIO, QUE VEU  EXPLICARNOS DE QUE TRATA O SEU TRABALLO. 
FÍXONOS MOITA ILUSIÓN DESPOIS DE TODO O QUE INVESTIGAMOS DOS CANCIÑOS, E DÁMOSLLE AS GRAZAS POLO SEU TEMPO E AS SÚAS EXPLICACIÓNS.





05/03/2019

PROTECTORA DO MORRAZO

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, DESENVOLVEU UN PROXECTO SOBRE OS CANCIÑOS, NO QUE APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS. 
TRABALLANDO ESTE TEMA PUXÉMONOS EN CONTACTO COA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO PARA QUE NOS EXPLICARAN O SEU TRABLLO  NA PROTECTORA COS CANCIÑOS E ASÍ TAMÉN POÑER EN VALOR NA COMUNIDADE O LABOR TAN IMPORTANTE QUE FAN.
OS CANCIÑOS FIXERON ESTA REPORTAXE, CONVERTÉNDONSE ELES EN "PEQUEPORTEIROS/AS" E ASÍ DIFUNDINDO O SEU  LABOR.

16/12/2018

INVESTIGACIÓN SOBRE OS CANCIÑOS

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, ESTIVO TODO O TRIMESTRE INVESTIGANDO SOBRE A SÚA MASCOTA: OS CANS. 
AQUÍ OS TEDES, EXPLICÁNDOLLES AOS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA TODO O QUE APRENDERON.
FIXÉRONO XENIAL. 
FELICIDADES CANCIÑOS!!!


03/12/2018

BITS DE INTELIXENCIA: OS CANS


O alumnado de 6º de infantil segue co seu proxecto "Os canciños", e nesta ocasión  elaboramos un Libro de bits de intelixencia de razas de cans, porque este tema centrou moito a curiosidade dos nenos/as.


30/11/2018

TRABALLANDO EN EQUIPO

ESTA SEMANA RECIBIMOS A VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E DEIXÁRONNOS UNHA MANUALIDADE DUNS CANCIÑOS PARA FACER, E PEDÍMOSLLES  AOS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA, OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES/AS,  QUE NOS AXUDARAN.

A EXPLICACIÓN...


MANS Á OBRA...



A TRABALLAR!


CANCIÑOS LISTOS!!!



E  CANDO REMATAMOS RELAXÁMONOS CUN CONTO


29/11/2018

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS

Esta semana, na clase de 6º de infantil,  recibimos a visita de Lorena e Rebeca, traballadora e voluntaria da Protectora de Animais do Morrazo.
Estabamos entusiasmados coa visita, xa que este trimestre estamos investigando a tope sobre os canciños e elas están facendo un labor importantísimO cos nosos "amigos".
Visitounos tamén Chispa, unha cadeliña moi boa que soubo acoller todos os "mimos" que tiñamos gardados para ela.
Explicáronnos o labor tan importante que fan na protectora, o traballo diario que teñen que facer (limpar, dar de comer, atender os cans enfermos, levalos ao veterinario, peinalos,...), a importancia do microchip,...
GRAZAS POLA VOSA VISITA O POLO IMPORTANTE LABOR QUE FACEDES!!!

27/11/2018

ESCORNABOTS EN 6º DE INFANTIL

OS CANCÑOS TIVERON ESTES DÍAS A SÚA PRIMEIRA EXPERIENCIA CO ESCORNABOT. O PRIMEIRO DÍA TRABALLAMOS NUNHA SESIÓN CO ROBOT CUNHA SOA PLANTILLA E NA SEGUNDA SESIÓN O COMPLICAMOS MÁIS E XA UTILIZAMOS DÚAS.

NESTE PRIMEIRO CONTACTO O IMPORTANTE É FAMILIARIZARSE CO ROBOT, COMPRENDENDO OS SEUS MOVEMENTOS : ADINATE E XIRO

TRABALLAMOS NAS DÚAS SESIÓNS TODOS XUNTOS PARA IR APRENDENDO MELLOR A MECÁNICA DO XOGO.


O NOSO OBXETIVO ERA RECOÑECER AS DIFERENTES RAZAS DOS CANS, XA QUE ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE ELES, E ASÍ O TRABALLAMOS DUN XEITO MÁIS MOTIVADOR PARA ELES.

POUCO A POUCO, ELES VAN RECOÑECENDO OS LOGROS E OS ERROS QUE NOS IMOS ATOPANDO PARA IR AVANZANDO NESTA NOVA APRENDIZAXE.













23/11/2018

PORQUE NOS PETA!

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, NO OBRADOIRO DE POESÍA, FIXERON UNHA ADAPTACIÓN DO POEMA DE FRAN ALONSO, "O MEU GATO É UN POETA". 
CON MOTIVO DE ESTAR INVESTIGANDO OS CANS, FIXERON A ADAPTACIÓN RELACIONADA COS CANCIÑOS.
MIRADE QUE POEMAS TAN CHULOS LLES QUEDARON!!!


12/11/2018

"EU TEÑO UN CANCIÑO"

OS NENOS/AS DE 6º DE INFANTIL ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE OS CANCIÑOS POLO QUE ADEMaIS DE APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE ELES, PASÁMOLO XENIAL BAILANDO A CANCIÓN DE MIGALLAS "EU TEÑO UN CANCIÑO".