Amosando publicacións coa etiqueta Aquí vivimos: Moaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aquí vivimos: Moaña. Amosar todas as publicacións

10/03/2017

AS ESCULTURAS DE MOAÑA

DENTRO DO PROXECTO "MOAÑA, MOITO QUE APRENDER", PACO MANDOUNOS INVESTIGAR SOBRE AS ESCULTURAS DE MOAÑA, ASÍ QUE AQUÍ ESTAMOS AS TARTARUGAS, VISITANDOAS. HOXE FOMOS AO MONUMENTO AOS ANIMAIS ABANDONADOS, O MONUMENTO AO MARIÑEIRO, O CHOCO BUFÓN E O FISGÓN. SEGUIREMOS INVESTIGANDO AS FERMOSAS ESCULTURAS QUE TEMOS NO NOSO CONCELLO!!!







15/02/2016

VISITA Á LUDOTECA

Hoxe fomos de visita á Ludoteca Municipal de Moaña e pasámolo moi ben facendo unhas manualidades moi chulas relacionadas coa mateoroloxía e xogando con moitísimos xoguetes!





MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!



24/05/2012

Concerto de Pesdelán

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.Non paramos de mover o esqueleto.

13/03/2011

A FESTA DE ENTROIDO

E chegou o día e todos e todas vestímonos de curruvellos e curruvellas. Daban medo as carautas que non coñeciamos, pero enseguida descubrimos quen era o que nos quería asustar.

APRENDENDO SOBRE O ENTROIDO

Para aprender que son os CURRUVELLOS, estivo con nós Geno Piñeiro, da Asociación Cultural Meiramar-Axóuxeres, onde bailan algúns dos pais e nais dos leóns.

20/06/2008

EXCURSIÓN Á PRAIA

O xoves día 19 fomos de excursión á praza de Moaña. Alí observamos os diferentes peixes, de distintas formas, tamaños, cores, ...












Despois, fomos á praia da Xunqueira para ver como traballan as mariscadoras, como collen as ameixas, os croques, os utensilios que utilizan,..., e para rematar, merendamos e xogamos no parque. Chegamos moi cansos pero o pasamos moi ben.