Hoxe os Canciños fomos a aula de 6º que estaba baleira a ler o conto .
Moi caladiños , non nos viu ninguén
Hoxe os Canciños fomos a aula de 6º que estaba baleira a ler o conto .
Moi caladiños , non nos viu ninguén
Os canciños limos o conto : "La casa de los enfados" o protagonista falaba de como desfacerse dos enfados. Unha solución é facelos voar nun avión de papel.
Como non sabíamos facer avións fomos clase de 3º de primaria para pedirlles axuda.
Os maiores aprendéronnos a facer avións de papel.
Hoxe os nenos e nenas de 4º de EI disfrutamos do Polo Pepe nun conto pop up.
Xogando ó escondite Pepe ten que atopar ós seus amigos.Neste libro hay un montón de pestanas que esconden moitas sorpresas.
Os "canciños" prepararon por parellas algunhas emocións para explicarlle aos seus compañeiros. Para iso utilizamos uns libros especiais de emocións.
En educación emocional a clase dos "canciños" estiveron xogando coas súas caras para expresar diferentes emocións, primeiro no espello e logo para os seus compañeiros.
Os "canguros" a clase de 5º de EI, elaboraron cariñas que expresan emocións como : alegría, tristeza, enfado, sorpresa...
Pouco a pouco iremos coñecendo máis emocións 😏
O venres tivemos en infantil unha sesión de contacontos coa nosa compañeira Rocío.
Leunos o conto de "Topito terremoto", de Anna Llenas, unha historia que traballa a educación emocional. Un topito que ten un enerxía desbordante e non sabe como canalizala, e buscan axuda na maga do bosque.
E ó rematar, presentounos unhas caixas cheas de sorpresas, que poñeremos no noso recuncho da calma, para poder ir cando esteamos nerviosos, cansados, cando queiramos estar un rato sós, ou simplemente para disfrutar da tranquilidade.
O pasado martes recibimos na escola aos representantes de Xuntos, que traballa para a integración desde a Asociación DOWN de Pontevedra. Nesta xornada de sensibilización participamos nunha sesión de contacontos . Contáronnos o conto da cebra e o seu paraugas multicolor. Vaia sorpresa cando apareceu a cebra de verdade!
Gustáronnos moito!
Moitas grazas Xuntos!