Amosando publicacións coa etiqueta Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primaria. Amosar todas as publicacións

11/06/2025

CONTACONTOS

Hoxe, as bolboretas, disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial a cargo do alumnado de 2ºP. Marco contounos o conto de "Escuela de montruos", Inés e Mara, o conto de "Globo rojo" e Brahian e Gabriel, contaron o conto de "Alex".
Esta é unha actividade, "Conta que che conto", onde o alumnado conta contos para os compañeiros e compañeiras do colexio. 

PARABÉNS!!!


 

26/01/2025

Recollendo a colleita de laranxas

Os nenos e nenas de 6º de Primaria acompañaron ós de Infantil a recoller as laranxas das nosas laranxeiras. Aproveitamos o xoves, que fixo sol, para compartir eses momentos na natureza e ó aire libre. 
Tivemos moi boa colleita, agora toca facer moitos zumes, biscoitos, ...




 

22/03/2024

DÍA DA POESÍA

As nenas e nenos de cuarto e quinto de infantil reuníronse na biblioteca coas súas amigas e amigos lectores de terceiro de primaria para celebrar o Día da Poesía.
Recitou cada clase un poema e fixeron un intercambio de agasallos: unhas fermosas flores elaboradas nas aulas.



















 

04/02/2024

As laranxeiras

 Aproveitando o bo tempo,o alumnado de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 5º de Primaria, recollemos as laranxas das laranxeiras que temos no colexio. Tivemos unha fermosa xornada de convivencia!!!


10/06/2019

OBRADOIRO DE FROITA

NA SEMANA DA FROITA AS NENAS E NENOS DE 5º DE INFANTIL XUNTÁRONSE COAS SÚAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTOTES  DE 4º DE PRIMARIA PARA FACER UN DELICIOSO ZUME DE LARANXA E AMORODO  E,DESPOIS DE SABOREALO, APROVEITARON PARA COMPARTIR UNS MOMENTOS DE LECTURA IGUALMENTE DELICIOSOS.