Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: O Correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: O Correlingua. Amosar todas as publicacións

20/05/2017

CORRELINGUA 2017

O 9 DE MAIO CELEBROUSE O CORRELINGUA EN MOAÑA. FOI UNHA XORNADA MOI DIVERTIDA NA QUE DISFRUTAMOS MOITO DA MÚSICA GALEGA. PRIMEIRO TIVEMOS UN OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLAS MESTRAS DE MÚSICA, E DESPOIS BAILAMOS AO RITMO DAS CANCIÓNS DE PABLO DÍAZ, DO SEU ÚLTIMO DISCO, TIC TAC TOC.

12/05/2013

CORRELINGUA EN BUEU

O VENRES FOMOS A BUEU Á FESTA DO CORRELINGUA.
PRIMEIRO XOGAMOS, LOGO MERENDAMOS E DESPOIS...BAILAMOS!!
HABÍA MOITOS XOGOS E TAMÉN HOUBO MOITO BAILE, FOI MOI DIVERTIDO.

24/05/2012

Concerto de Pesdelán

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.Non paramos de mover o esqueleto.

08/05/2012

Preparándonos para o concerto de Pesdelán

O VINDEIRO LUNS 14 DE MAIO IMOS PARTICIPAR NO CONCERTO QUE O GRUPO PESDELÁN VAI DAR NO PALCO DA MÚSICA DE MOAÑA. IMOS BAILAR AS DANZAS QUE APRENDEMOS NA CLASE DE MÚSICA: O CAMIÑO DE VISEU, A CARRASQUIÑA, O GARUTIÑO... PREPARAMOS UNHA CAMISETA PINTANDO UNHA PALABRA QUE NOS GUSTABA, E QUEDARON BEN FERMOSAS:

23/05/2010

1ª Edición do Correlingua do Morrazo

O venres 21 participamos na primeira edición do Correlingua do Morrazo.
Xuntámonos na praza da cheminea de Massó cos outros colexios: A Rúa e O Hío de Cangas, A Pedra, Montemogos, Torre Cela, e Virxe Miragrosa de Bueu, A Laxe, Seixo e o Carballal de Marín e percorremos as rúas maís céntricas de Bueu.
Nós levábamos o noso gaiteiro particular, pero non eramos os únicos. O ambiente era festivo pero a xornada fíxose agotadora polo intenso sol.
Na praza do concello , merendamos e fixemos o que puidemos mentres Mamá Cabra daba o seu concerto: