Amosando publicacións coa etiqueta Competencia matemática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia matemática. Amosar todas as publicacións

07/02/2026

COLOCA OS VASOS

Os nenos de 4º de EI, estrearon xogo de vasos. Recoñecer, identificar e relacionar as láminas de vasos cos vasos reais. 

 




30/01/2026

NA BUSCA DOS NÚMEROS

 Os canguros pinchan os globos na procura dos números perdidos. 



23/02/2024

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS E ROBÓTICA EN 6º DE INFANTIL

Primeiro xogamos co agasallo que nos trouxeron os reis, os SumBlox, uns números de madeira moi especiais xa que a súa altura corresponde co seu valor.


Despois manipulamos, ordenamos e asociamos as regletas con estes números


Finalmente, fixemos unha actividade na que agrupamos SumBlox, regletas e o Robot Mouse



27/03/2020

A CASIÑA DOS NÚMEROS

ESTA ACTIVIDADE, PROPIA DO MÉTODO ABN, É MOI INTERESANTE PORQUE AXUDA OS NENOS E NENAS A TRABALLAR A DESCOMPOSICIÓN NÚMERICA, O CONTEO, A LÓXICA, A GRAFÍA DOS NÚMEROS, ETC 



24/10/2019

METEOQUINTELA EN 6º DE INFANTIL

O noso colexio participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.

Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións e apunta eses datos na pizarra que temos na entrada do colexio.
Os leopardos visitamos a estación meteorolóxica para coñecer como se recollen estes datos, tanto a temperatura, co termómetro, como as precipitacións, co pluviómetro.



Na clase dos leopardos, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.




29/05/2019

BINGO DE LETRAS

OS CANCIÑOS XA SOMOS MOI MAIORES E XOGAMOS AO BINGO, PERO É UN BINGO ESPECIAL XA QUE NON É O BINGO CON NÚMEROS, SENÓN CON LETRAS.
É UNHA MANEIRA LÚDICA DE APRENDER E AFIANZAR O APRENDIZAXE DAS LETRAS.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!


20/02/2019

OS NOSOS NARCISOS XA MEDRARON

NO PRIMEIRO TRIMESTRE, OS CANCIÑOS PLANTAMOS NARCISOS NUNHA PEQUENA MACETA. DESPOIS DE SEMANAS ESPERANDO, OBSERVANDO E REGANDO AS NOSAS QUERIDAS PLANTAS, POR FIN MEDRARON. E ,COMO NON, APROVEITAMOS PARA TRABALLAR AS MATEMÁTICAS, E ASÍ SABEMOS CANTO MEDRARON, UTILIZANDO UNHA REGRA "DE MAIORES", E APUNTÁMOLO NA NOSA FOLLA DE INVESTIGACIÓN.
XA BOTARON FLOR E AGORA XA TOCA LEVALOS PARA CASA E SEGUIR COIDANDO O NOSO NARCISO.







15/11/2018

OS DINOSAUROS COÑECEN O ESCORNABOT

OS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL TEÑEN A PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO ESCORNABOT NUNHA SESIÓN DESPOIS DO PATIO.

O OBXECTIVO PRINCIPAL ERA FAMILIARIZARSE CO ROBOT, COMPRENDENDO OS SEUS MOVEMENTOS POUCO A POUCO PARA CONSEGUIR ANTICIPAR VARIOS MOVEMENTOS A VEZ: 2 ADINATE, XIRO, 1 PARA DIANTE (POR EXEMPLO).

 ADEMAIS TRABALLAMOS O CONTEO ATA 6 UTILIZANDO COMO ELEMENTO MOTIVADOR E SIGNIFICATIVO O DADO, PARA A POSTERIOR ASOCIACIÓN DAS CARAS DO DADO COA PLANTILLA DADA TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA ADEMAIS CLARAMENTE DA COMPETENCIA DIXITAL.

NESTA PRIMEIRA VEZ XOGAMOS TODOS XUNTOS, EN GRAN GRUPO, PARA ENTENDER A DINÁMICA DOS MOVEMENTOS, SAÍNDO DE FORMA INDIVIDUAL E EN PARELLAS.

AS CARAS DAS FOTOS XA DIN TODO.




OS PRIMEIROS PASOS PARA APRENDER A DIRIXILO

12/11/2018

AS TARTATUGAS APRENDEMOS XOGANDO


USAMOS A NOSA MESA DE LUZ PARA XOGAR COS NÚMEROS. COLOCAMOS TANTAS PEZAS COMO INDICA O NÚMERO E FACeMOS O TRAZO CON CHAPIÑAS DE CORES





OUTRO DOS NOSOS XOGOS FAVORITOS É O DAS  LETRAS CON ESTRADAS. CADA NENA E CADA NENO FIXO O PERCORRIDO DA SÚA INICIAL CUN COCHE 



02/06/2018

OS GATIÑOS APRENDEMOS XOGANDO

OS GATIÑOS APRENDEMOS MOITO DURANTE ESTE CURSO ...XOGANDO. 
APRENDEMOS A XOGAR AO DOMINÓ, AO MEMORI, COS BLOQUES LÓXICOS, A "FACER A COMPRA" COAS FROITAS,  CO ABECEDARIO, ...
ASÍ DE BEN O FIXEMOS...E APRENDEMOS UN MONTÓN!!!

26/04/2018

COÑECEMOS UN XOGO NOVO NAS SEMANAS DAS FROITAS



ENCÁNTALLES XOGAR COS CARROS DA COMPRA E COAS FROITAS.
TRABALLAMOS AS FROITAS , O CONTEO E AS SERIES

23/04/2018

ARTE CON FROITA EN 6º DE INFANTIL


O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL FIXO UN OBRADOIRO DE FROITA AXUDADO POLOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA.
ELABORARON DEBUXOS DIVERSOS CON ANACOS DE FROITA QUE PREVIAMENTE PREPARARON EN 4º DE PRIMARIA.
QUEDOULLES XENIAL E, O MELLOR DE TODO, E QUE ESTABAN DELICIOSOS!!!


19/04/2018

AS TARTARUGAS GOZAN COA SEMANA DA FROITA

HOXE MERENDAMOS BROCHETAS





E RECREAMOS O CONTO DA EIRUGA LARPEIRA COAS FROITAS DESTA SEMANA NO COLE

03/02/2018

OS TIGRES ANOTAN OS DATOS DO TEMPO

TODAS AS MAÑÁS, O ENCARGADO OU ENCARGADA E O SEU AXUDANTE VAN Á ENTRADA PRINCIPAL, ONDE TEMOS O TABOLEIRO  COS DATOS QUE ANOTAN OS MAIORES DO COLE, RECOLLIDOS DA ESTACIÓN METEREOLÓXICA. ALÍ ANOTAN A TEMPERATURA ACTUAL.
MIRADE QUE BEN O FAN!

12/12/2016

Os Tiburóns e o proxecto Meteoquintela.

Xusto antes de poñernos de cheo co Nadal, os Tiburóns indagamos moito grazas ao proxecto Meteoquintela. Todos os días, ademais de rexistrar o tempo meteorolóxico, no mes de novembro, rexistramos tamén a temperatura, fixemos a nosas primeiras gráficas e interpretamos os datos:
- Cantos días hubo de chuvia?
- Cal foi o tempo predominante no mes de novembro?
- Cal foi a temperatura máis alta?
- Que día tivemos a temperatura mais baixa?
- ...




Tamén fixemos manualidades relacionadas co tema para decorar o corredor:






30/11/2016

Os Tiburóns traballamos cooperativamente

Cando fomos a Chan da Aquiña, os Tiburóns fixemos un xogo de pistas que preparamos entre todos antes de saír do cole. Tratábase de, divididos en dous equipos, buscar unha serie de elementos do outono e recollelos nunha bolsa.













Ao día seguinte, xa na clase, xuntámonos para pensar como poderíamos saber que equipo conseguira reunir todos os elementos. Chegamos a conclusión de que teríamos que xuntarnos por equipos outra vez, baleirar as bolsas e ver que tiñamos dentro.

Foi unha actividade moi interesante xa que, sen premisa ningunha pola miña parte, eles e elas puxéronse mans a obra:












E así foi como os Tiburóns non só traballaron en equipo, senón que o fixeron de xeito cooperativo, axudándose e aprendendo uns dos outros, sendo responsables do propio traballo e do traballo dos demais. 

O traballo cooperativo favorece a integración de todos os en e nenas da clase na actividade, xa que cada un vai aportar as súas habilidades e coñecementos. Así:
- uns clasificaron os diferentes elementos (pedras, castañas, paus, follas de castiñeiro,...)
- outros ordenaron
- outros mediron os paus (tiñamos a premisa de que os paus non podían ser máis longos ca palma da man)
- outros contaron
- outros rexistraron os datos (ao observar que non ían lembrarse de cantas cousas tiñan, os dous equipos pediron un papel e lápis para apuntar)
- outros ían comprobando se o que apuntaban era correcto
- outros proclamáronse portavoces á hora de poñer os datos en común,....


E así, xurdiu unha actividade na que traballamos moitísimos conceptos lóxico-matemáticos e de lecto-escritura.




 E para que vexades que en vivo é ainda máis interesante, deixámosvos un anaquiño da actividade en vídeo: