Os máis pequenos fomos á radio para gravar a canción que nos compuxo Txelu, o orientador do cole.
Despois de algúns ensaios xa o temos.
Os máis pequenos fomos á radio para gravar a canción que nos compuxo Txelu, o orientador do cole.
Despois de algúns ensaios xa o temos.
OS CARACOIS:
Neste trimestre investigamos sobre estes animaliños así que con moito cariño escollimos chamarnos como eles.
" A CLASE DOS CARACOIS"
O alumnado de Infantil desfrutou dunha divertida festa de Samaín, na que as cabazas máis tenebrosas foron as protagonistas e tamén houbo tempo para poñerse mans á masa no obradoiro de cociña, elaborando unhas deliciosas galletas de cabaza.
Pasámolo de medo!!!
Polo Día das Bibliotecas Escolares vivimos un día moi especial na biblioteca de Quintela. Paco, a nosa mascota, preparounos unha sorpresa para dar comezo ao noso novo proxecto: "Cando chega a noite...".
Os nenos e nenas puideron gozar dun momento moi especial lendo contos á luz das lanternas, descubrindo que a biblioteca tamén pode ser un lugar máxico cando cae a noite.
Pasámolo xenial e gozamos moitísimo desta experiencia tan diferente e divertida!
E isto non fixo máis que comezar… Cantas aventuras nos agardan cando chega a noite!
Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».
Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.
E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela!
O alumnado de infantil e 1ºP disfrutou dunha mañá de outono no Lago Castiñeiras. Aproveitamos para recoñecer árbores de folla caduca, recoller castañas, landras e follas, e divertímonos todos xuntos no parque. Foi unha xornada moi divertida.
Hoxe fomos á horta para plantar unhas remolachas. Temos que coidalas moito para que medren. Xa vos iremos contando como van!
Xa comezamos co préstamo semanal en Infantil!
Antes de comezar co préstamo semanal da biblioteca, o alumnado de Infantil participou nunha xornada de formación de usuarios moi divertida.
A través dun xogo, tivemos que colocar cada libro no seu sitio, fixándonos nas etiquetas. Así, pouco a pouco, fomos descubrindo como se organizan os libros da nosa biblioteca e aprendemos a diferenciar os contos dos libros informativos.
Aprendemos xogando e xa estamos preparados para gozar dos libros, coidalos e compartir novas aventuras con eles!
Unha vez rematada a adaptación, o alumnado de 4º de Infantil fixo un percorrido por todo o colexio para coñecer as diferentes dependencias: o comedor, o ximnasio, as aulas e, como non podía ser doutro xeito, a nosa querida biblioteca escolar.
Alí descubrimos xuntos os diferentes espazos e recunchos da biblioteca e presentamos a un dos seus grandes protagonistas: o rato Paco, a nosa mascota!
Estes primeiros encontros coa biblioteca son sempre momentos moi especiais, cheos de ilusión, curiosidade e emoción.
Benvidos á vosa biblioteca! Que este sexa o comezo de moitas aventuras entre libros e historias.
Fermosísimo o xogo do patio co que nos agasallou a ANPA para que o alumnado desfrute nos tempos de lecer.
Hoxe tivemos a última visita das familias na actividade As familias contan. María, coa axuda de Laia, contounos un conto moi especial: "O elefante que perdeu o seu ollo".
Despois de traballar cos Bits da Intelixencia, o alumnado de 6ºI interesouse polos monumentos do mundo. Buscamos información na biblioteca, como aparece nunha entrada anterior, e elaboramos un mapa cos monumentos máis importantes.
A partir deste traballo e do maletín que realizamos coa información, estamos a descubrir cales están máis preto ou máis lonxe e compartindo os nosos monumentos favoritos. Unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo sobre o mundo.
Dentro das actuacións do Plan de Acollida para favorecer a transición do alumnado de 6.º de Educación Infantil a Educación Primaria, realizamos unha visita á aula de 1.º curso.
Durante a actividade, o alumnado de 1.º preparou unha exposición na que nos mostrou e explicou diferentes aspectos da súa aula e da súa dinámica diaria: o material que utilizan, a organización do estoxo, onde gardan as mochilas, a biblioteca de aula, os xogos, as libretas, a distribución e almacenamento dos materiais escolares e das pinturas, así como as rutinas diarias, a asemblea e o horario escolar.
Este intercambio resultou moi enriquecedor, xa que permitiu achegar información de primeira man e reducir posibles medos ou incertezas.
Posteriormente, aproveitando que a aula estaba libre, o alumnado puido explorar o espazo, interactuar cos diferentes materiais e xogar libremente nel, favorecendo así unha primeira toma de contacto co que será a súa futura aula e contribuíndo a unha adaptación máis segura e positiva á nova etapa educativa.
Despois dun duro inverno de chuvia, aproveitamos o bo tempo e saímos recoller flores silvestres no patio do colexio.
Comeza a primavera e a desfrutamos pintando con pincel. cores, creatividade e moita ilusión na nosa aula.