Hoxe tivemos a última visita das familias na actividade As familias contan. María, coa axuda de Laia, contounos un conto moi especial: "O elefante que perdeu o seu ollo".
18/06/2026
AS FAMILIAS CONTAN
04/06/2026
Investigamos sobre os monumentos do mundo
Despois de traballar cos Bits da Intelixencia, o alumnado de 6ºI interesouse polos monumentos do mundo. Buscamos información na biblioteca, como aparece nunha entrada anterior, e elaboramos un mapa cos monumentos máis importantes.
A partir deste traballo e do maletín que realizamos coa información, estamos a descubrir cales están máis preto ou máis lonxe e compartindo os nosos monumentos favoritos. Unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo sobre o mundo.
31/05/2026
GOZAMOS DA PRIMAVERA
Despois dun duro inverno de chuvia, aproveitamos o bo tempo e saímos recoller flores silvestres no patio do colexio.
AS FAMILIAS CONTAN
17/05/2026
A PRIMAVERA
Comeza a primavera e a desfrutamos pintando con pincel. cores, creatividade e moita ilusión na nosa aula.
04/05/2026
OS NOSOS CONTOS FAVORITOS
No mes de abril, cada neno e nena da clase dos canciños, trouxo o seu libro ou conto favorito e compartiuno cos compañeiros e compañeiras. Faláronnos da súa páxina favorita, explicaron o argumento e, sobre todo, transmitiron a ilusión pola lectura.
Unha experiencia moi enriquecedora que nos axuda a medrar como lectores e lectoras!
03/05/2026
AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO
Esta semana tivemos dúas sesión de "As familias contan" na clase dos canciños. Sara, a nai de Amaia, e Nuria, a nai de Alex.
Enccántanos ter de contacontos as nosas familias!!!
30/04/2026
GRANXA SERANTELLOS
O alumnado de Infantil gozou dunha xornada moi especial na Granxa Serantellos, subvencionada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Vive o rural.
Durante o día, tivemos a oportunidade de coñecer e interactuar cos animais, elaborar pan de xeito tradicional e plantar xirasois. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que, ademais de aprender, pasámolo xenial!
PROXECTO "COAS MANS NA TERRA"
O alumnado de infantil segue experimentando na horta, dentro do proxecto "Coas mans na terra". Mirade como traballan.
21/04/2026
AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO
12/04/2026
INVESTIGANDO
Na clase dos canciños estamos investigando sobre os monumentos do mundo. Como tiñamos moita curiosidade sobre o tema fomos buscar información á biblioteca. Buscamos na nosa flor, para traballar a formación de ususarios e descubrimos que estaba na sección rosa e na branca, así que nos puxemos a buscar ata atopar libros sobre monumentos. Atopamos unha chea deles, e agora en clase, con máis calma, iremos descubrindo e que nos contan os libros.
AS FAMILIAS CONTAN
Comezamos un ano máis a actividade de fomento da lectura, "As familias contan".
Na clase de 6ºI, tivemos dúas visita, Ruth, a nai de Lucas, e Andrea, a nai de Naira, q se animaron a vir a contarnos dous contos moi especiais.
Grazas por compartir estes momentos de lectura!
.jpg)















.jpg)


