Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A viaxe de Paco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A viaxe de Paco. Amosar todas as publicacións

05/07/2017

A VIAXE DE PACO

"A VIAXE DE PACO"


Dende o segundo trimestre que comenzamos coas coas investigacións, foron moitas cousas as que aprendemos, moito que escribimos, moito que calculamos, moito que preguntamos, moito que descubrimos,... ata que, no terceiro trimestre, coa axuda da ANPA, conseguimos axudar a Paco a chegar a súa casa, a nosa biblio de Quintela. 

BENVIDO PACO!

Aquí vos deixamos o vídeo do proxecto ao completo, dividido en 10 partes.

Todos os Tiburóns e a súa profe desexan que vos guste!
A VIAXE DE PACO (PARTE 1)


A VIAXE DE PACO (PARTE 2)


A VIAXE DE PACO (PARTE 3)



A VIAXE DE PACO (PARTE 4)


A VIAXE DE PACO (PARTE 5)


A VIAXE DE PACO (PARTE 6)


A VIAXE DE PACO (PARTE 7)


A VIAXE DE PACO (PARTE 8)


A VIAXE DE PACO (PARTE 9)


A VIAXE DE PACO (PARTE 10)







03/05/2017

PACO ESTÁ EN XAPÓN

Nesta ocasión Paco enviounos una carta para que le axudasemos a saber donde estaba. Foi bastante dado porque moitos de nós recoñeciamos a bandeira!




















06/03/2017

OS TIBURÓNS E A ESTATUA DA LIBERDADE

Por fin temos novas de Paco! Acabamos de recibir un mail!





Paco quedou atrapado na Estatua da Liberdade! Pronto comezamos a investigar sobre ela e xurdiron algunhas preguntas:
- Canto mide a Estatua da Liberdade?
- Cabería a Estatua da Liberdade no nos patio?
- Como poderíamos sabelo

 Logo de pensar canto era 1 metro e buscar a regra que tiñamos na aula, dispuxémonos a medir 93 metros no patio! Así de grande era a estatua!

 Antes de nada, tivemos que probar diferentes materiais que nos puidesen servir para marcar no chan.
 Logo dalgunha proba, comprobamos que o xiz era o máis axeitado.


 Comezamos!







 Pois resulta que logo de medir 93 metros, comprobamos que a Estatua da Liberdade si cabería no patio e chegaría ata aí:

É enorme!


27/02/2017

Paco perdeuse!

Acabamos de recibir novas de Paco na clase dos Tiburón e estamos moi preocupados! Resulta que Paco foise de vacacións de Nadal a visitar á súa familia polo mundo adiante e agora... non sabe nin onde está nin como voltar a Moaña. 

Rapidamente puxémonos en acción!


Vaia, vaia,... as cousas non estaban nada claras logo de ler a carta de Paco.
Como non tiñamos moi claro por onde comezar as nosas investigacións, decidimos comezar indo a biblioteca do cole para buscar libros que falasen dos planetas, da Terra, de diferentes países e lugares, ...
Estivemos facendo unha primeira selección e levamos a clase bastantes fondos que, xunto con moitos libros de información traídos das casas, conformaron o noso recuncho de información do proxecto.



19/02/2017

RECIBIMOS UNHA CARTA DE PACO!


Por fin! Acabamos de recibir na nosa aula unha carta de Paco! Facía moito tempo que non sabiamos nada del e xa estabamos preocupados. 
Non sabemos moi ben en que andará metido porque pídenos que lle digamos cales son os sitios de Moaña que máis nos gustan.


Como xa tiñamos moitas gañas de investigar, rápido nos puxemos mans aá obra e escribimos unhas notas pedindo axuda ás familias para comezar a elaborar a nosa guía de viaxe.