Amosando publicacións coa etiqueta Recursos dixitais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos dixitais. Amosar todas as publicacións

19/03/2020

XOGOS DOS CONTINENTES

OS PIRATAS ESTABAN A APRENDER ONDE SITUAR NO MAPA OS CONTINENTES E ALGÚN QUE OUTRO OCEÁNO. ESTES XOGOS PODEN AXUDALOS A ELES, E A TODOS OS DEMAIS, A REPASAR E APRENDER UN POUCO MÁIS SOBRE O MUNDO NO QUE VIVIMOS.


https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia/mapamundi-continentes





09/01/2017

Poema de Nadal dos Tiburóns

    Os tiburóns xa levamos un tempo empregado unha nova ferramente dixital que nos gusta moito. Con ela facemos caixas de sons e xogamos ás adiviñas (xa vos colgaremos algunhas para que xoguedes na casa). 
    Se ben, neste Nadal empregámola para recitar e gravar un poema (moi longo) entre todos. Gustounos moito vernos a todos conxelados! Fíxonos moita gracia!
    Esperamos que vos guste tanto como a nós!



03/02/2014

INVESTIGAMOS SOBRE O SOL.: VÍDEOS QUE NOS GUSTAN 2

Encántanos esta canción de Enrique y Ana sobre os planetas, non deixamos de cantala todo o día! Así que decidimos colgala no blog para poder cantala sempre que queiramos. Aínda que nos demos de  conta de que ten un pequeno erro, xa que, logo dunha minuciosa investigación pola wikipedia e youtube, sabemos que agora Plutón non se considera un planeta como o resto, senón que é un planeta anano.


Un saúdo, 
OS PINGÜÍNS

28/01/2014

INVESTIGAMOS SOBRE O SOL: VÍDEOS QUE NOS GUSTAN 1

AGORA MESMO ESTAMOS NA CLASE A PUNTIÑO DE MARCHAR E COMO VIMOS EN YOUTUBE DOUS VÍDEOS QUE NOS GUSTARON MOITO, QUERIAMOS DEIXALOS POSTOS NO BLOG PARA PODER VELOS NA CASA COA FAMILIA.

UN SAÚDO,
OS PINGÜÍNS


13/05/2013

20/11/2012

Loboferoz

Neste audioconto de OQO podes escoitar o conto de Lobo Feroz na voz de Alberto Mancebo





E neste vídeo a película que fixo o EDLG do CPI Santa Lucía de Moraña:

04/11/2012

OS BOLECHAS NA TVG

O programa cos monicreques  dos bolechas fixo un mes na programación da TVG. No enlace pódese acceder aos vídeos dos programas pasados, esperando a que pase o anuncio inicial ( inexplicablemente as máis das veces en castelán).Este é o horario no que se poden ver:
e este é o vídeo promocional:

02/11/2012

CANCIÓN DA FORMIGUIÑA

COMO ESTAMOS APRENDENDO COUSAS DO CORPO, AQUÍ DEIXAMOS ESTE VÍDEO DA CANCIÓN DA FORMIGUIÑA, DO LIBRO -DISCO MARÍA FUMAÇA. UN VÍDEO ATOPADO NO CEIP DE RANDUFE :

08/05/2012

Música para todos e todas

Nesta páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística podemos atopar unha recompilación de discos e recursos de música para os máis novos. Preme na imaxe para acceder

18/04/2012

12/04/2012

26/10/2011

CORRE,CORRE CABACIÑA

ESTA SEMANA ESTIVEMOS CONTANDO O CONTO "CORRE, CORRE, CABACIÑA", E TAMÉN APRENDEMOS A CANCIÓN DE ALMUDENA JANEIRO EN "CONTOS EN CANTOS". pODEDES SEGUIR PRACTICANDO CON ESTE VÍDEO:

XOGANDO NO SAMAÍN

PREME NA IMAXE PARA XOGAR:


ESTE É UN XOGO LIM DO CEIP  PAZOS DE FERROL, QUE ATOPAMOS NO SEU BLOG: PEQUESPAZOS

23/01/2011

Contos de Paz desde Vide

Desde Vide eses amigos que temos en As Neves, vía Sarmenteiros chéganos esta recompilación de contos de paz. Moitos deles poderedes atopalos na exposición que preparamos entre todos e todas:

18/11/2010

Carta de Paco

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE INFANTIL:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?



A min gustaríame saber que auga é boa para beber en Moaña, e que é unha fonte.
Podedes axudarme?

Espero as vosas respostas!


Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos: