Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros de cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros de cociña. Amosar todas as publicacións

23/11/2025

OBRADOIRO DO VENRES

Este venres 21 de novembro nos obradoiros semanais cociñamos pan pizza de xamón, estaba riquísimo  e non quedou nada.




        


E tamén fixemos unha obra de arte coas cores de outono.



07/02/2025

Obradoiro de cociña

 Despois de recoller as laranxas, probalas, facer xeados e zume, agora tocou o  ser cociñeiros e cociñeiras para facer un biscoito  de laranxa. Aquí tedes un vídeo para que miredes que ben o facemos!


08/11/2024

Galletas de cabaza

 Os pandas e as bolboretas convertémonos o luns en cociñeiros e cociñeiras. Fixemos unhas ricas galletas de cabaza, aproveitando a celebración do Samaín.


20/02/2024

Obradoiro de cociña

 As tartarugas aproveitamos a recolleita de laranxas e fixemos un zume riquísimo e dous biscoitos de Cococrico q quedaron riquísimos!!!








22/02/2023

OBRADOIRO DE COCIÑA EN 4º DE INFANTIL

                      FOMOS COLLER LARANXAS ÁS LARANXEIRAS DO COLE





                                                              ESPREMÉMOLAS




                                                             E DEGUSTÁMOLAS



ESTABAN UN POCO "PICANTES", PERO GUSTÁRONNOS!

15/12/2022

OBRADOIRO DE COCIÑA EN CUARTO DE INFANTIL

DESDE QUE LEMOS O CONTO DE COCORICO, ESTABAMOS DESEXANDO PROBAR O SEU BISCOITO, ASÍ QUE DECIDIMOS POÑERNOS A COCIÑAR...E NON FIXEMOS UN, SENÓN DOUS, QUE ESTABAN DELICIOSOS.












 

01/07/2022

DA HORTA A MESA

AS NOSAS LEITUGAS XA MEDRARON DABONDO. DESPOIS DE RECIBIR A AUGA DA CHOIVA ,DAS NOSAS REGADEIRAS E OS RAIOS DE SOL , @S DINOS RECOLLERON AS SÚAS LEITUGAS *E AS LEVARON PARA CASA ,PERO CUN PAR DELAS PREPARAMOS UNS RICOS ROLOS DE PAN, QUEIXO DE UNTAR E LETUGUIÑA.






















15/05/2022

SABORES DO PAÍS DO SOL NACENTE

KONNICHIWA !!! A curiosidade dest@s DINOSAUROS levounos ata XAPÓN, e non podiamos deixar pasar o día de cociña sen elaborar o doce xaponés por excelencia, os DORAYAKIS. Péquelos encargáronse de pesar ,incorporar ao bol e mesturalo toda ben para elaborar a masa do biscoito de Dorayaki. @s profes encargáronse de pasar a masa pola tixola. Finalmente os dinos encheron o biscoito de crema de cacao ou de marmelada de amorodo.







08/05/2022

DINOBROCHETAS DE FROITA

Chega a calor e para combatela, @s dinosauros prepararon unha receita moi refrescante: BROCHETAS DE FROITA

Entre tod@s eliximos as froitas que máis nos gustan. Logo observamos as características de cada unha delas. Máis tarde poñémonos a preparar as brochetas cortando en anacos a FROITA e  ensartando nos PAUS Para terminar os máis  golosos bañaron a  brocheta en CHOCOLATE. Listas para comer!!!

























03/04/2022

DINOPIZZAS

Aos DINOS enacántanos a cociña e esta vez aventurámonos cunhas deliciosas MINIPIZZAS. O primeiro paso foi seleccionar entre tod@s os ingredientes que máis nos gustan par poñer na nosa receita ( salchichas, atún, xamón, peituga, olivas e queixo ). Como base utilizamos unha rebanada de pan de molde na que esparcimos un pouco de salsa de tomate e un chisco de ourego. Logo , cada nen@ cortou e púxolle os seus ingredientes preferidos e ao forno. Despois de arrefriar tocou papar. Rico, rico !!!








02/03/2022

CHEIRA A ENTROIDO NA CLASE D@S DINOS

 Os dinosauros colléronlle gusto a cociñar e como estamos en tempo de Entroido elaboramos unhas ricas ORELLAS. Entre todos elaboramos a receita e estiramos a masa, as profes foron as encargadas de fritir e despois de darlles un tempo para arrefriar, tivemos unha merenda do mais saborosa.




31/01/2022

COCIÑAMOS EN 5º DE INFANTIL

Aproveitando as fermosas laranxeiras que temos no colexio, os dinosauros fixeron unha colleita de laranxas e aproveitaron para facer un delicioso zume e un biscoito de laranxa.