Amosando publicacións coa etiqueta Competencia lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia lingüística. Amosar todas as publicacións

27/02/2026

UN BECHO EXTRAÑO

 Os nenos e nenas de 4º de Infantil leron o conto,  

 " Un becho extraño", e encantoulles.

Elaboraron coa plasti o seu propio becho. 


 

POLICIA DE TRÁFICO QUINTELA

 Os Canciños fixeron de policia de tráfico de Quintela para aprendelles ós máis pequenos a seguir as normas de seguridade vial no patio de Infantil. Vestidos con gorra , chaleco e placa parecíamos uns policías reais.

Aprendéronlles algunhas sinais: prohibido pasar, Parking, rotonda, semáforo.



 












 

02/12/2025

OS NENOS DE 4º DE PRIMARIA VIÑERON A TRAERNOS UNHA INVITACIÓN

  Os nenos maiores invitáronnos a asistir o día 4 de Decembro á biblioteca a unha mañá de ciencia.


 

01/12/2025

APRENDENDO NOVAS EMOCIÓNS

              Os "canciños" prepararon por parellas algunhas emocións para explicarlle aos seus compañeiros. Para iso utilizamos uns libros especiais de emocións.


 

13/11/2025

OS MARTES CONTAMOS NÓS

 O alumnado de 6ºI comezou este ano coa actividade Contamos nós, na que os nenos e as nenas convértense en contacontos para os seus compañeiros e compañeiras. 

Xa tivemos tres sesións desta actividade.

Óliver contounos "A gaivota gourmet", do Hematocrítico.


Sofía contounos un conto titulado as "Formas".


E Pepe contounos o famoso conto de "Corre, corre, cabaciña".









12/11/2025

BUSCAMOS INFORMACIÓN

A aula de 6ºI comezou o curso cun proxecto dedicado aos canciños. Como primeira actividade realizamos unha visita a biblioteca co obxectivo de buscar información sobre o tema. Aproveitamos esta visita para levar a cavo tamén unha sesión de formación de usuarios, na que aprendemos como usar os distintos recursos da bibliteca e como atopar libros adecuados as nosas necesidades. 



 

06/06/2025

TEATRO DE "OS TRES PORQUIÑOS"

 As bolboretas, despois de moito investigar sobre o teatro, e de crear  un teatrillo, decidimos representar o conto de "Os tres porquiños". Dividimos o alumnado en tres grupos e representamos a obra de teatro con títeres para os nosos compañeiros e compañeiras.

Amaia, Paula, Sofía e Lucas, representaron a obra para o curso de 3ºP.; Efrén, Sofía, Laia e Pepe  para o curso de 2ºP. e Christian, Naira, Óliver e Alez para Infantil.

25/02/2025

12/02/2025

Impresión 3D na aula de 6º de infantil

 A clase do teatro está a traballar os números en Inglés. Van facer un libriño con eles para levar a casa e así xogar con eles as veces que queiran.

Para facer máis fermoso o libriño, deseñaron e imprimiron un chaveiro coa palabra NUMBERS que levarán colocado. 

Mirade que fermosos quedaron!


21/10/2022

Preparándonos para o Samaín

Xa se acerca o Samaín, e este ano, o alumnado tivo que preparar unha nota con forma de cabaza. Como os pequenos do colexio aínda estamos aprendendo o manexo das tesoiras, pedimos axuda aos maiores do cole, os nenos e nenas de 5ºP e 6ºP. Axudáronnos a recortar a cabaza e aproveitamos ao rematar para compartir unhas lecturas. Moitas grazas pola vosa axuda!!! Agora toca preparar as nosas cabazas para levalas ao colexio os días 26, 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.


 

28/02/2022

DÍA DE ROSALIA NA CLASE D@S DINOS

 Polo día de Rosalía de Castro , na clase dos dinos levamos a cabo varias actividades para conmemorar este día tan especial para a nosa lingua, disfrazámonos para a ocasión ,aprendendo as estrofas dun poema de Rosalía, compoñendo quebracabezas coa súa imaxe e mesmo recibimos unha visita moi especial.















27/11/2021

MURAL POLO 25N EN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

 O ALUMNADO FIXO ESTE FERMOSO MURAL PARA CONMEMORAR O 25N NO COLE. QUEDOU MOI CHULO!

OS NENOS E NENAS DE 4º E 5º DE INFANTIL FIXÉMOLO FÓRA, NO PATIO, MENTRES QUE 6º DE INFANTIL O FIXO NO CORREDOR DO COLE, XUNTO COS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º DE PRIMARIA.


08/06/2020

MÚSICA PARA PRACTICAR!!

OLA, FAMILIAS!: HOXE PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PARA MELLORAR A VOCALIZACIÓN E A CORRDINACIÓN CORPORAL A TRAVÉS DA MÚSICA.

AQUÍ TEDES O VÍDEO DUNHA CANCIÓN TÍPICA DE GHANA PARA PODER PRACTICALA E A CONTINUACIÓN, UN EXERCICIO DE PERCUSIÓN CORPORAL PARA FACER COS NENOS E NENAS.

ANIMÁDEVOS!!!





04/05/2020

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS

MAIO, MES DAS LETRAS

Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando en lingua galega.
Aproveitaremos a actividade da semana pasada da poesía "Chove para que eu soñe", de Uxío Novoneyra.

http://infantilquintela.blogspot.com/2020/04/se-chove-poesia.html

Facedes a vosa recreación como explica na actividade nunha cartolina ou folio e logo gravádesvos nun vídeo recitando e ensinando o voso fermoso traballo.


 Enviades o vídeo á vosa titora antes do 12 de maio, para participar xunto co resto da clase nun vídeo no que recitaredes o poema.

Grazas a todos e un bico grande do equipo de infantil!

05/02/2019

OS MARTES CONTAMOS NÓS: ÓSCAR

A SEMANA PASADA ÓSCAR CONTOUNOS UN CONTO DE "AVENGERS", DOS FAMOSOS SUPERHEROES.
DISFRUTAMOS MOITO CON ESTAS SESIÓNS DE CONTACONTOS...CADA SEMANA UNHA DIFERENTE.
FELICIDADES ÓSCAR

29/01/2019

AS TARTARUGAS ES AS NENAS E NENOS DE 3º DE PRIMARIA RECITAN O SEU POEMA DA PAZ

O GRUPO DE 3º DE PRIMARIA SON OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. XA VAN DÚAS VECES QUE VEÑEN Á AULA E CONTAN UN CONTO ÁS TARTARUGAS QUE APADRIÑAN.
NESTA OCASIÓN, APROVEITANDO O DÍA DA PAZ, RECITAMOS OS POEMAS QUE AMBOS OS GRUPOS APRENDERAN.

O POEMA DAS TARTARUGAS É UNHA VERSIÓN DUN POEMA DE GLORIA FUERTES TITULADO SÓ TRES LETRAS

Só tres letras,
tres letras nada máis,
para cantar paz
para facer paz.
O P de pobo.
o A de amor
e o Z para o final




O POEMA DE 3º DE PRIMARIA É O REINO, DE CELSO EMILIO FERREIRO



23/11/2018

PORQUE NOS PETA!

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, NO OBRADOIRO DE POESÍA, FIXERON UNHA ADAPTACIÓN DO POEMA DE FRAN ALONSO, "O MEU GATO É UN POETA". 
CON MOTIVO DE ESTAR INVESTIGANDO OS CANS, FIXERON A ADAPTACIÓN RELACIONADA COS CANCIÑOS.
MIRADE QUE POEMAS TAN CHULOS LLES QUEDARON!!!


12/11/2018

AS TARTATUGAS APRENDEMOS XOGANDO


USAMOS A NOSA MESA DE LUZ PARA XOGAR COS NÚMEROS. COLOCAMOS TANTAS PEZAS COMO INDICA O NÚMERO E FACeMOS O TRAZO CON CHAPIÑAS DE CORES





OUTRO DOS NOSOS XOGOS FAVORITOS É O DAS  LETRAS CON ESTRADAS. CADA NENA E CADA NENO FIXO O PERCORRIDO DA SÚA INICIAL CUN COCHE 



02/06/2018

OS GATIÑOS APRENDEMOS XOGANDO

OS GATIÑOS APRENDEMOS MOITO DURANTE ESTE CURSO ...XOGANDO. 
APRENDEMOS A XOGAR AO DOMINÓ, AO MEMORI, COS BLOQUES LÓXICOS, A "FACER A COMPRA" COAS FROITAS,  CO ABECEDARIO, ...
ASÍ DE BEN O FIXEMOS...E APRENDEMOS UN MONTÓN!!!