Amosando publicacións coa etiqueta Adaptación á escola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adaptación á escola. Amosar todas as publicacións

04/06/2026

VISITA A PRIMEIRO

 Dentro das actuacións do Plan de Acollida para favorecer a transición do alumnado de 6.º de Educación Infantil a Educación Primaria, realizamos unha visita á aula de 1.º curso.

Durante a actividade, o alumnado de 1.º preparou unha exposición na que nos mostrou e explicou diferentes aspectos da súa aula e da súa dinámica diaria: o material que utilizan, a organización do estoxo, onde gardan as mochilas, a biblioteca de aula, os xogos, as libretas, a distribución e almacenamento dos materiais escolares e das pinturas, así como as rutinas diarias, a asemblea e o horario escolar.

Este intercambio resultou moi enriquecedor, xa que permitiu achegar información de primeira man e reducir posibles medos ou incertezas.

Posteriormente, aproveitando que a aula estaba libre, o alumnado puido explorar o espazo, interactuar cos diferentes materiais e xogar libremente nel, favorecendo así unha primeira toma de contacto co que será a súa futura aula e contribuíndo a unha adaptación máis segura e positiva á nova etapa educativa.





19/06/2025

VISITAMOS A AULA DE 6ºI

Chegan as vacacións, pero antes toca visitar a aula na que imos estar o curso que ven. As bolboretas, acompañados dos pandas, visitaron a aula de 6ºI, xa que en setembro xa nos toca estar no cole dos maiores. 



18/06/2024

6º DE INFANTIL VISITA 1º DE PRIMARIA

A Educación Infantil está a piques de rematar para os koalas e por iso nos últimos días fixemos dúas visitas á que será a súa aula o curso que vén.

Na primeira delas observaron libremente o espazo e descubriron moitos materiais e espazos que chamaron a súa atenciónNa segunda visita, as nenas e nenos que están actualmente en primeiro explicáronnos como traballan, que materiais teñen na aula e como serán os novos recreos. Dámoslles as grazas por toda a información que nos transmitiron.

23/10/2023

Adaptación das tartarugas

Aquí tedes un pequeno vídeo da adaptación das tartarugas a escola. Os primeiros días de colexio, xogos, actividades, etc. 


20/06/2023

COMEZAMOS PRIMARIA

As baleas visitamos neste mes de xuño a aula de 1º de primaria. Un día invitáronnos os nenos e nenas de primeiro e explicáronnos como é a súa clase: ten zona de asamblea, percheiros, xogos, mesas como as nosas, e tamén que teñen estoxo, un horario, axenda e máis cousas moi interesantes. Outro día, aproveitando que estaba baleira a aula, fomos a xogar, pintar e coñecer mellor o espazo. Xa somos maiores!!

30/03/2023

As baleas e o patio de Primaria

Ás baleas gústanos moito xogar no patio de arriba, xa que será o patio no que pasaremos os recreos o próximo curso cando pasemos á primaria.



 

04/06/2022

ARTISTAS PREPARÁNDOSE PARA PRIMARIA

 ONTE RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: AS NENAS E NENOS DE SEXTO DE INFANTIL DO COLE DO CON, QUE VAN ESTAR CON NÓS NA CLASE DE PRIMEIRO.    PASÁMOLO MOI BEN XUNTOS E TEMOS MUITAS GANAS DE QUE VOLVAN EN SETEMBRO...PARA QUEDAR.














15/10/2021

27/02/2021

1º TRIMESTRE :TARTARUGAS DE QUINTELA 2020 2021

Nun curso diferente, non podía faltar un vídeo dun periodo de adaptación tamén diferente, que acabou converténdose nun resumo do primeiro trimestre da clase das Tartarugas. Trimestre máis que superado!!!


10/09/2019

RECTIFICACIÓN DO HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE INFANTIL

Este é horario do período de adaptación definitivo. Fixádevos ben, porque á primeira hora de hoxe publicamos un que tiña un erro. Desculpade as molestias.



01/10/2018

BENVIDAS TARTARUGAS

OLA, SOMOS AS TARTARUGAS DE QUINTELA ... OS PEQUEN@S DO COLE. AÍNDA QUE HAI POUQUIÑO QUE ESTAMOS NO COLE, XA FACEMOS MOITAS COUSAS: XOGAMOS, PINTAMOS, CONSTRUíMOS, CANTAMOS, XOGAMOS NO PATIO, ...XA VOS IREMOS CONTANDO MÁIS COUSAS. ESTADE MOI ATENTOS!!!