Amosando publicacións coa etiqueta Competencia dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia dixital. Amosar todas as publicacións

11/03/2026

XOGANDO COS RATOS AMIGOS DE PACO: ROBOTS

 Os nenos e nenas de 4º de EI, xogan cos robots en pequeno grupo.




 

26/02/2026

OS CANGUROS XOGANDO COS RATOS

 Os canguros xogan cos ratos , esta vez usando as tarxetas de programación.



 

13/02/2026

SEGUIMOS COA HORTA DE PACO

 Os canciños seguen coa horta de Paco , esta vez coa cortadora láser e fieltro preparamos as cenorias, berenxenas, tomates e pementos.

O seguinte paso... encher e coser. 



 

12/02/2026

NO ENTROIDO DISFRAZAMOS ÓS NOSOS ROBOTS

 Os canciños deseñamos uns disfraces para os nosos robots. 

Quedaron fantásticos.

 






 

08/02/2026

OS NENOS E NENAS DE 4º DE INFANTIL DESCUBRIRON QUE NO COLE HAI RATOS.

 Os máis pequenos coñeceron hoxe ós nosos robots.

Os nosos robots son uns ratiños morados cheos de botóns. 

Xogamos un montón.


 

13/01/2026

ROBÓTICA

 Os Canciños deseñaron en papel os diferentes camiños para que o  robot (rato) atope o camiño á casa, para despois comprobalo no tapete co robot.

Pouco a pouco , paso a paso, así programan os maís peques.



 


21/12/2025

CORTADORA LÁSER

O alumnado de 6º de infantil aprendeu a usar a cortadora láser para facer uns canciños de cartón. Visualizaron todo o proceso na biblioteca e logo tocou decorar os cans.


28/11/2025

DEBUXANDO NA PANTALLA DIXITAL

 DEBUXO COLABORATIVO : os nenos e nenas de 6º de EI, debuxan falando e chegando a acordos para conseguir un gran cadro.

 


 

OS NOSOS CHAVEIROS


   Aquí está o producto final , despois de deseñar en papel,  e na pantalla dixital imprimimos os nosos  chaveiros.  na impresora 3D.

 



 

26/11/2025

CONVERTENDO OS NOSOS DESEÑOS DE CANS PARA A IMPRESORA 3D

A profe Victoria converteu os nosos cans deseñados na pantalla dixital en deseños para a impresora 3D

unha vez preparados puxémos a impresora 3D a funcionar . 



 

24/11/2025

"OS CANCIÑOS" DESEÑAN NA PANTALLA DIXITAL

 Despois de debuxar diferentes cans no papel, votamos para decidir se deseñamos un can de corpo enteiro ou so a súa cabeza.

Gañou ...


 

27/04/2025

LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN E PENSAMENTO COMPUTACIONAL NA CLASE DAS BOLBORETAS

 CANTO APRENDEMOS XOGANDO COS RATOS ROBOT! TEMOS QUE DICIRLLES A TRAVÉS DAS FRECHAS OS MOVEMENTOS QUE QUEREMOS QUE FAGAN E ELES OBEDECEN!


25/02/2025

12/02/2025

Impresión 3D na aula de 6º de infantil

 A clase do teatro está a traballar os números en Inglés. Van facer un libriño con eles para levar a casa e así xogar con eles as veces que queiran.

Para facer máis fermoso o libriño, deseñaron e imprimiron un chaveiro coa palabra NUMBERS que levarán colocado. 

Mirade que fermosos quedaron!


13/12/2024

AS BOLBORETAS IMPRIMEN EN 3D

 A clase de 5º de infantil investigou durante este trimestre sobre as bolboretas. Unha das actividades que fixeron foi facer unhas debuxos na aplicación Doddle 3D e imprimíronna na impresora 3D na biblioteca.

Estiveron moi atentos durante todo o proceso de impresión das súas bolboretas. Mirade que fermosas quedaron!!!


05/12/2024

POEMA DA BOLBORETA

 O alumnado de 5º de infantil este trimestre investigou sobre as bolboretas. Aprendemos moito sobre este insecto e aproveitamos tamén para aprender un poema e gravalo en croma. Aquí tedes o poema e o recitado con croma.

Un verme branco vivía nunha moreira

e chamábanlle verme de seda.

Gustábanlle as follas, era moi lambón

e en pouquiños meses fíxose maior.

Coa súa fina seda teceu un casulo

e aquel verme sorriu con orgullo.

Cando rematou estaba canso

e dentro do casulo quedouse deitado.

Despois dun tempo de estar durmido

nunha bolboreta se convertera.

Chegou a hora de poñer os ovos

e así a historia comezará de novo.



26/11/2024

As bolboretas diseñan a súa mascota para a impresora 3D

 As bolboretas van imprimir a súa mascota na impresora 3D, pero antes estiveron diseñando o modelo en papel e en formato dixital.

Unha vez o teñan perfilado, faranno coa aplicación Doodle 3D e logo imprimirémolo.

Xa vos iremos contando.





As bolboretas xogan cos ratos robot

 A clase das bolboretas estivo traballando a linguaxe de programación diseñando circuitos e levando os ratos por eles.




25/04/2024

PROXECTO O UNIVERSO

Os koala decidiron fai un tempo que querían investigar sobre o universo e así comezamos a facelo. Estamos aprendendo moitísimas cousas sobre galaxias, estrelas, planetas, meteoritos...

Cada día xorden máis intereses e preguntas e seguiremos con elas ata final de curso.

Aquí tedes o noso recanto do proxecto


Tamén vos deixamos por aquí algunhas das actividades que levamos a cabo con materiais creados para a ocasión e achegas das familias.



E por último, unha actividade con Merge Cube de realidade aumentada coa que puideron coñecer e achegarse un pouquiño máis o noso sistema solar.


Seguiremos subindo outras actividades sobre este proxecto tan interesante.