Os nenos e nenas de 4º de EI experimentan na aula cos instrumentos: as maracas.
15/03/2026
12/03/2026
08/03/2026
EXPERIMENTANDO NA CLASE DE 4º DE EI
Os máis peques experimentan , constrúen , xogan con diversos materiais... E reutilizamos!
Os materiais máis básicos son un tesouro.
06/03/2026
31/01/2026
25/01/2026
19/01/2026
OS CANCIÑOS SEGUIMOS EXPERIMENTANDO CO FRÍO: XEO E COPOS DE NEVE
Metimos uns copos de neve nunha cubitera, engadimos auga e directa o conxelador.
O copo de neve quedou atrapado no xeo e para sacalo... utilizamos unhas pipetas con auga.
15/01/2026
09/01/2026
ANO NOVO E CHEGADA DO FRÍO
A clase dos "Canciños" comezamos o ano facendo neve para a nosa mesa sensorial.
Bicarbonato e auga e ... neve.
29/11/2025
XA QUEDA POUCO DE OUTONO
O outono segue nas aulas de infantil no cole quintela: xogando, experimentando e sentindo...
mais xa queda pouco para cambiar de estación .
12/01/2025
19/11/2024
Xogo simbólico: tendemos roupa
Hoxe na clase dos pandas recibimos un novo xogo, un tendedeiro de roupa onde colgamos a roupiña dos nosos bebés.
17/06/2024
Arte con colorante en 4ºI
As tartarugas convertémonos o venres en científicos por un día, xa que fixemos un experimento moi divertido.
Para facer o experimento precisamos leite, colorante alimentario, bastoncillo e xabón. Primeiro vertemos o leite nun recipiente, e a continuación botamos un pouco de colorante de varias cores. Mollamos o bastoncillo no xabón e tocamos o colorante e...observamos como se expande!!!
Despois xa nos toca xogar e mesturar as cores, que é moi divertido.
13/06/2024
INSTALACIÓN ¨O UNIVERSO"
16/11/2023
O OUTONO EN 4º DE INFANTIL
09/11/2023
Mesa de luz
04/11/2023
LUZ NEGRA
As tartarugas xogamos e experimentamos con pinturas e xogos coa luz ultravioleta, tamén chamada luz negra.
Xogamos con obxectos fosforitos, construcións, letras e números, témpera e rotuladores, todo brillando na escuridade.
Creouse un ambiente máxico e divertido.
06/02/2023
LUZ NEGRA
O alumnado de Educación Infantil utilizou estes día a luz negra nas aulas.
As sesións de luz negra son un recurso educativo que atrae moito ao alumnado. Trátase de utilizar unha fonte de luz negra sobre pinturas e obxectos fluorescentes, o que permite experimentar de forma sensorial e tamén acostumarse á escuridade, facer que se sintan cómodos e cómodas nun espazo sen luz.
Durante as sesións xogaron, pintaron e gozaron experimentando!!!


.jpg)
































