Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: conta que che conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura: conta que che conto. Amosar todas as publicacións

19/06/2025

CONTACONTOS DE 2ºP

 O alumnado de 2ºP, foron os protagonistas de novo esta semana, xa que fixeron varios contacontos polas aulas do colexio. O luns visitaron a aula de 5ºI, Alicia, Laia, Iliana e Asier, para contar dous contos os pequenos do colexio.

NORABOA!!! QUE BEN O FIXERON!!!



11/06/2025

CONTACONTOS

Hoxe, as bolboretas, disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial a cargo do alumnado de 2ºP. Marco contounos o conto de "Escuela de montruos", Inés e Mara, o conto de "Globo rojo" e Brahian e Gabriel, contaron o conto de "Alex".
Esta é unha actividade, "Conta que che conto", onde o alumnado conta contos para os compañeiros e compañeiras do colexio. 

PARABÉNS!!!


 

07/05/2018

CONTA QUE CHE CONTO

OS NENOS E NENAS DE 3º CONTÁRONNOS HOXE UNHA FERMOSA HISTORIA DE ARNOLD LOBEL DO LIBRO CONTOS DE RATIÑOS: "O RATO E OS VENTOS". ENCANTOUNOS. MOITAS GRAZAS E PARABÉNS AO ALUMNADO DE 3º!!!

19/05/2015

"A PRINCESA E O CABALEIRO"

"A princesa e o cabaleiro" é un conto inventado e ilustrado polos golfiños. Decidiron que tiña  que ser un conto de castelos, xa que levamos dende xaneiro investigando sobre eles, así que nos puxémos a traballar e quedou un conto precioso. Así quedou de chulo:


CONTA QUE CHE CONTO.

E como xa o sabiamos de memoria, contámoslles o conto aos nenos e nenas de 1º e 5º de Primaria.

15/05/2013

AS CHICHARRAS TAMÉN CONTAN

AS CHICHARRAS ESTIVEMOS MOITO TEMPO ENSAIANDO O NOSO CONTO "CABEZA DE CABAZA" E NESTES DÍAS FÓMOSLLO CONTAR ÓS NENOS E NENAS DOUTRAS CLASES.
        ONTE CONTÁMOSLLO @S DE 2º...E SAÍUNOS  MOOOOI BEN!










E DESPOIS OS NENOS E NENAS DE 2º CONTÁRONNOS O CONTO 
DO OSO ATRAPABOLBORETAS...QUE NOS ENCANTOU!







08/05/2012

Conta que che conto

 "Conta que che conto", nesta actividade compartimos contos entre os nenas e nenas do cole.O alumnado de 4º de primaria fixo de contounos " O coeliño branco" co kamisibai:

02/05/2012

Contando contos

XA REMATOU ABRIL, O MES DO LIBRO, E POLA CLASE DE 6º DE INFANTIL PASARON UNHA CHEA DE CONTACONTOS, QUE NOS AGASALLARON CON FERMOSAS HISTORIAS:





                                  
                      "QUERES XOGAR COMIGO?" (NENOS E NENAS DE 5º DE E.I. )








                            "QUE CHE GUSTARÍA SER?" ( NENOS E NENAS DE 1º )







 "O COELLIÑO BRANCO" ( NENOS E NENAS DE 4º )




 "ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS" ( ANA, MAMÁ DE SARAY CURRO ) 




 "ZOG" ( ROSA, MAMÁ DE MAR, DE 1º )



                                     MOITAS GRAZAS A TOD@S!
                                 ENCANTÁRONNOS!




28/04/2012

Conta que che conto en 5º de Infantil

Neste mes dos libros, nenos e nenas de todos os ciclos fan de contacontos para os seus compañeiros e compañeiras.
Iremos mostrándovos partes de esas actividades. Aqui vos deixamos con Zoe, de 5º de Infantil, que conta a historia de Pinocho, con unha desenvoltura que xa quixeran moitos adultos:

25/05/2011

27/04/2011

En abril e todo o ano.....contos!

Os leons e leoas, de 5º de Infantil, contáronlle un conto aos golfiños, de 6º de Infantil:O GLOBO VERMELLO

19/04/2010

ÓSCAR VILLÁN NO COLE

Óscar Villán, o ilustrador de "A Cebra Camila", "O Coelliño Branco", a colección "Do berce á Lúa", "Os dous corcovados"etc...estivo na nosa biblioteca. Viña acompañado por Charo Pita, e traían unha maleta chea de historias. Óscar facía os debuxos e Charo Pita embarcábanos nos seus contos.
Fixemos un Coelliño Branco e unha Cebra Camila xigantes, e foi moi emocionante ver como saían personaxes das mans do ilustrados.
Cando rematou agasallounos cun debuxo, e un poema.Gustounos moito!!!!

13/04/2010

Un contacontos moi especial

"A verdadeira historia de carapuchiña", "O Anano Saltareiro", "A Cebra Camila", "O Galo Quirico", "Que parvos son os camaleóns"....estes contos e outros máis encheron o luns a nosa biblioteca nas voces dos rapaces e rapazas do IES Paralaia, que por un día actuaron para nós de contacontos .
Viñan cargados de ilusión e os pequenos puxeron as súas ganas de escoitar contos, un conxunto perfecto para gozar da lectura no mes do libro infantil, se engadimos a fonda emoción que se apalpaba na biblioteca.Tivemos trasnos, lobos, bodas, ventos, raiñas, esquíos.... todos da man destes actores tan especiais.