Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

18/10/2026

PRÉSTAMOS DE BIBLIOTECA

 Xa comezamos co préstamo semanal en Infantil!

Cada neno e nena ten a súa carpeta e leva para a casa un libro para compartir coa familia, ler xuntos e gozar das historias tamén fóra da escola. 
E na biblioteca seguimos desfrutando moito dos contos! Temos momentos de lectura en grupo, nos que compartimos historias, e tamén ratos para mirar e ler os nosos libros ao noso ritmo.
Pouco a pouco, imos collendo gusto pola lectura e descubrindo a maxia que agocha cada conto. 




09/10/2026

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Antes de comezar co préstamo semanal da biblioteca, o alumnado de Infantil participou nunha xornada de formación de usuarios moi divertida.

A través dun xogo, tivemos que colocar cada libro no seu sitio, fixándonos nas etiquetas. Así, pouco a pouco, fomos descubrindo como se organizan os libros da nosa biblioteca e aprendemos a diferenciar os contos dos libros informativos. 

Aprendemos xogando e xa estamos preparados para gozar dos libros, coidalos e compartir novas aventuras con eles!



01/10/2026

O ALUMNADO DE 4ºI VISITA A BIBLIOTECA DE PACO

 Unha vez rematada a adaptación, o alumnado de 4º de Infantil fixo un percorrido por todo o colexio para coñecer as diferentes dependencias: o comedor, o ximnasio, as aulas e, como non podía ser doutro xeito, a nosa querida biblioteca escolar. 

Alí descubrimos xuntos os diferentes espazos e recunchos da biblioteca e presentamos a un dos seus grandes protagonistas: o rato Paco, a nosa mascota! 

Estes primeiros encontros coa biblioteca son sempre momentos moi especiais, cheos de ilusión, curiosidade e emoción.

Benvidos á vosa biblioteca! Que este sexa o comezo de moitas aventuras entre libros e historias. 



04/05/2026

HORA DE LER NO PATIO

 O alumnado de infantil desfrutou dunha hora de ler ao aire libre, aproveitando o bo tempo.




OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

No mes de abril, cada neno e nena da clase dos canciños, trouxo o seu libro ou conto favorito e compartiuno cos compañeiros e compañeiras. Faláronnos da súa páxina favorita, explicaron o argumento e, sobre todo, transmitiron a ilusión pola lectura.

Unha experiencia moi enriquecedora que nos axuda a medrar como lectores e lectoras!



27/04/2026

DEGUSTACIÓN DE LIBROS

Durante a semana do libro levouse a cabo unha actividade de “Degustación de libros” co alumnado de Educación Infantil. Preparáronse seis mesas temáticas con unha coidada selección de contos e libros variados (aventuras, emocións, información, etc.).

O alumnado, organizado en pequenos grupos, foi rotando polas diferentes mesas, dispoñendo dun tempo determinado en cada unha para explorar libremente os libros. Ao rematar cada quenda, cada neno/a debía escoller o libro que máis lle gustara e sinalalo cunha pegatina.

Esta dinámica permitiu fomentar o interese pola lectura e a expresión de preferencias persoais. Como resultado final, obtívose unha selección dos libros máis valorados polo alumnado, o que ofrece información moi útil sobre os seus intereses lectores.


27/02/2026

UN BECHO EXTRAÑO

 Os nenos e nenas de 4º de Infantil leron o conto,  

 " Un becho extraño", e encantoulles.

Elaboraron coa plasti o seu propio becho. 


 

18/11/2025

CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"

 CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"

A "clase dos canguros" tivemos unha sorpresa espectacular; contamos coa visita da familia de Daniela, a súa nai, Tania, e o seu irmán, Yago, que nos viñeron a contar contos moi divertidos por Samaín. Ademais foi moi intrigante porque o ambientaron "terroríficamente". Moitas grazas pola visita. Esperámosvos pronto.

31/05/2025

PRÉSTAMOS DE BIBLIOTECA

 O alumnado de infantil fai un préstamo semanal na biblioteca de Paco. Disfrutamos dunha hora de biblioteca semanal  onde os nenos e nenas devolven o conto da semana pasada, disfrutan un rato de lectura e escollen o conto que queren levar esa semana na súa carpeta de biblioteca. E logo para rematar sempre hai unha sesión de contacontos. 



23/05/2025

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 Estes días, cos ensaios do festival das Letras galegas, fomos a ensaiar ao auditorio, e aproveitamos para visitar a biblioteca municipal de Moaña para disfrutar un rato da lectura. Gustounos moito, así que pronto volveremos a facer alí algunha actividade de lectura.

Grazas Bea, pola túa acollida na biblioteca.





02/05/2025

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Polo Día do Libro, os nenos e nenas trouxeron a clase o seu conto favorito para compartilo co restos dos amigos e amigas. Explicaron o título, porque lles gustaba tanto ese conto, e cal era a súa páxina favorita. Fixemos unha exposición con eles e agora pouco a pouco os estamos lendo en clase para coñecer esas fantásticas historias.



23/04/2025

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





08/04/2025

CONTACONTOS

 Hoxe disfrutamos dunha sesión de contacontos ó aire libre, aproveitando o bo tempo. Nesta ocasión, a nosa compañeira Olalla González, contounos os contos de "O coelliño branco" e "Carapuchiña vermella".


 

22/03/2025

MIGALLAS

A semana pasada disfrutamos dunha sesión de teatro na biblioteca do colexio co grupo Migallas, dentro do programa "Lectura e familias". 
Xa que este curso somos investigadores de teatro, e estamos aprendendo a ser actrices e actores, Migallas nos sorprendeu coa súa obra "O libro máxico". 
Pasamos unha tarde estupenda en familia!!!


18/03/2025

CONTACONTOS NA BIBLIO

Onte tivemos a sorte de gozar da compañia da profe Olalla González, escritora de moitos contos.
 Nesta ocasión contounos as historias dos Chibos chibóns e Garavanciño.





 
 
 

11/03/2025

AS MELLORES LECTURAS DE FEBREIRO





 

Actuación Migallas

Este venres, 14 de marzo, ás 17h,dentro do programa Lectura e familias, gozaremos na biblioteca do colexio, co espectáculo "O libro máxico", do grupo Migallas.


 

23/02/2025

Contacontos

 O venres tivemos en infantil unha sesión de contacontos coa nosa compañeira Rocío. 

Leunos o conto de "Topito terremoto", de Anna Llenas, unha historia que traballa a educación emocional. Un topito que ten un enerxía desbordante e non sabe como  canalizala, e buscan axuda na maga do bosque. 

E ó rematar, presentounos unhas caixas cheas de sorpresas, que poñeremos no noso recuncho da calma, para poder ir cando esteamos nerviosos, cansados, cando queiramos estar un rato sós, ou simplemente para disfrutar da tranquilidade.