Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2008-2009. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2008-2009. Amosar todas as publicacións

05/06/2009

Imos madurando




Onde hai máis bolas?

Os nenos e nenas de 5 anos van superando etapas,e responde a esta experiencia proposta por Piaget hai tanto tempo.

As primeiras respostas foron:

-na fila de abaixo,que é máis grande

-arriba hai poucas porque a raia acaba antes

Pero deseguida houbo quen dixo:espera que vou contar.

Efectivamente,as bolas pequenas ocupan menos pero son 16,as bolas grandes ocupan moito pero só son 13.Que listos!

01/06/2009

Alumnado novo de tres anos

O martes 2 de maio recibiremos aos pais e nais dos nenos e nenas de tres anos para o curso 2009-2010.Queremos coñecelos e falar con eles da chegada dos seus fillos e fillas ao noso colexio o vindeiro setembro.Invitarémolos a visitar o colexio a semana que ven no horario do recreo e intentaremos responder a todas as cuestións que lle preocupen.Dámoslle a benvida ao noso colexio e para que se vaian facendo unha idea de como imos traballar cos seus peques:

Os números

31/03/2009

GRANXA KIRIKO

O venres 27 pasamos a xornada en Fornelos de Montes.Fomos visitar a Granxa escola Kiriko,tocamos animais,sacamos ovos,regamos a horta,xogamos e fixemos rosquillas.Estaban boísimas.Esto foi exactamente unha das actividades que máis lles gustou,ao mellor por ser a última da xornada.Tamén tivo moito éxito o contacto cos animais,sobre todo cando acariñaron as cabuxiñas.

26/03/2009

ESCENAS MUSICAIS







O mércores asistimos a un concerto no teatro caixanova,dentro do seu programa para escolares.Foi moi divertido,tocaron melodías moi coñecidas como acucaracha,a marcha do circo,chiguagua...Os instrumentos que máis gustaron foron o clarinete,a flauta travesera e a tuba,que tiña un son que a veces asustaba.

25/03/2009

OLLOS DE LUME


Así se titula o novo poema visual que fixemos na aula de 5 anos.
Enviámosllo aos outros coles de Vilagarcía,Ourense,Aguiño para que tamén o leran.
Pronto levaremos de volta o dragón ao instituto e fixemos este poema para despedirnos e gardalo como recordo.CHAO DRAGON DORMILÓN!!

18/03/2009

SAÍDA A PONTEVEDRA

O LUNS 9 DE MARZO FOMOS DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA PARA VISITAR O SALÓN DO LIBRO, QUE ESTA ANO ESTABA ADICADO Ó AMOR E APROVEITAMOS PARA VISITAR TAMÉN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA. A MEDIA MAÑÁ ESTIVEMOS NO PARQUE DA ALAMEDA MERENDANDO.

11/03/2009

MOITAS LARANXAS IMOS COMER!





HOXE plantamos unha laranxeira.Cada curso a súa,no terreo da caseta meteorolóxica.Os de tres anos,as tartarugas,plantaron a primeira,os elefantes,a segunda,e as bolboretas a terceira.Botámoslle moita terra,un pouquiño de auga,unha canción e moitas ganas de remexer na terra.Quedaron estupendas,dentro de uns días iremos a botarlle máis auga.As bolboretas descubriron que a laranxeira das tartarugas tiña un botón de flor ,a de sexto 12 e a das bolboretas 53!!!Veremos que pasa con esas flores!

27/02/2009

ENTROIDO 2009

O VENRES 20 DE FEBREIRO TIVEMOS A FESTA DO ENTROIDO NO COLEXIO. DISFRAZÁMONOS DE CHINOS E CHINAS E MERENDAMOS POSTRES MOI RICOS QUE OS NENOS E NENAS TROUXERAN DA CASA. ¡ESTABA TODO BOÍSIMO!. DESPOIS CANTAMOS A MURGA NO PATIO E FIXEMOS O DESFILE Ó REDOR DO COLEXIO. ¡FOI MOI DIVERTIDO!

02/02/2009

CANTO FRÍO VAI!



Ás nove da mañá:
-Estamos conxelados,vai moitísimo frío.(as bolboretas)
-A ver canto frío vai?Imos ver o termómetro.
-Está en10,hai 10 de frío!(as bolboretas)
-E que podemos facer para que non marque tanto frío?
-Poñelo na calefacción!(as b.)
-Que pasa?
-Está subindo!
-Chegou a 20!
-E se queremos que baixe?
-Poñémolo fóra.
-Que pasou?
-Púxose en 5.
-Así que cando vai calor......e cando vai frío........
-Desde ese día medimos a temperatura dentro e fóra da aula,e así pudemos comprobar que 0 é moitísimo frío e que 20 é unha temperatura moi quentiña.

30/11/2008

SALÓN DO LIBRO

Na segunda semana de novembro participamos no II salón do libro de Moaña.O grupo de 5 anos ,xunto con nenos e nenas de Reibón elaborou o seu propio monicreque de calcetín,e despois visitamos o salón.O tema deste ano era o do mar así que había quenllas,piratas e medusas.Era a primeira vez que visitabamos a biblioteca despois das acertadas reformas,e quedáronnos ganas de volver.Suso,o bibliotecario dixo que si podíamos levar libros prestados si volvíamos con algún dos nosos pais.

26/11/2008

CANCIÓN DE OUTONO

UN POEMA DE GARCÍA LORCA,NAS VOCES DOS NOSOS NENOS E NENAS:



Podes facer un comentario premendo en "0 comentarios"

13/11/2008

MAGOSTO

O xoves 6 fixemos o magosto na escola.Había moitos xogos nos que participar,pero a choiva mandounos ao abrigo dos patios cubertos.

24/10/2008

VISITA Á LUDOTECA

O mércores 22 fomos de visita á Ludoteca.
As monitoras ensináronnos todas as zonas de xogo, cantáronnos cancións e explicáronnos cales eran os alimentos que necesitamos para medrar sans.
Había contos, pinturas, bonecas, motos, un teatro con monicreques e ata unha piscina de bolas. É MOI DIVERTIDO!
Agora xa coñecemos as monitoras e as aulas así que podemos volver acompañados por mami ou papi. A Ludoteca abre de 16h a 20h.

15/10/2008

Escollemes mascota





Os nenos e nenas de 5º de Infantil, o primeiro día de clase, elixiron a súa mascota, que lles acompañará durante todo o curso. Cada neno e nena dixo o animal que máis lle gustaba como mascota: can, gato, gorila, ..., pero ó final gañou o ELEFANTE.

Levamos dende ese día aprendendo cousas sobre este animal. ¡Xa vos contaremos o que descubrimos!

Benvidos

¡BENVIDOS Ó CURSO 2008-2009!
Durante todo o curso poderedes consultar esta páxina, donde vos iremos mostrando as diferentes actividades que faremos cos nenos e nenas de Infantil do noso cole de Quintela.
¡Esperámosvos!