21/10/2022

Preparándonos para o Samaín

Xa se acerca o Samaín, e este ano, o alumnado tivo que preparar unha nota con forma de cabaza. Como os pequenos do colexio aínda estamos aprendendo o manexo das tesoiras, pedimos axuda aos maiores do cole, os nenos e nenas de 5ºP e 6ºP. Axudáronnos a recortar a cabaza e aproveitamos ao rematar para compartir unhas lecturas. Moitas grazas pola vosa axuda!!! Agora toca preparar as nosas cabazas para levalas ao colexio os días 26, 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.