En Infantil traballamos o 25 de Novembro relacionando esta data coa importancia de convivir sen violencia e de tratar con amabilidade e respecto as persoas que nos rodean.
Para abordar esta temática, contamos o conto "Cando son amable", que nos axudou a reflexionar sobre os pequenos xestos que podemos ter cos demais no día a día.
Despois, cada neno e nena pensou que podía facer para ser amable coas outras persoas e escribimos as nosas ideas nun corazón violeta, lembrando que a amabilidade, o respecto e o cariño son fundamentais para construír un mundo sen violencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.