14/06/2021

OS SEN7IDOS EN 6º DE INFANTIL

Para rematar o noso proxecto sobre o corpo humano afondamos no mundo dos sentidos. Para facelo, tivemos a sorte de ser os primeiros nenos e nenas en ler un conto moi especial, "Areíñas na pel", que está a piques de publicarse e que nos axudará a todos e todas a entender moitas cousas sobre os nosos 7 sentidos e a integración sensorial.

Pensabades que só tiñamos 5? Pois resulta que non.

Teño que dar a grazas ás súas autoras, Meirch&Peich @infanciamyp, por darnos este privilexio, ser pioneiras e darse de conta de que non todas as historias estaban contadas.

Despois de ler a historia de Uxía e escoitar as súas cancións fixemos un obradoiro con sete probas sensoriais que encantaron ós leóns e leoas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.