24/12/2010

26/11/2010

FONTE DE RIALDARCA

























O xoves fomos visitar a Fonte e Lavadoiro de Rialdarca. Levamos as nosas botellas e collemos auga na fonte, lavamos roupa no lavadoiro que amablemente nos deixaron dúas veciñas nosas e aproveitamos para camiñar un pouco ó carón do río. Xa coñecemos dúas fontes: Entrevalos e Rialdarca. Esperamos seguir coñecendo moitas más. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!Os nenos e nenas están entusiasmados con este proxecto sobre a auga.








24/11/2010

A FONTE DE ENTREVALOS


























Hoxe, mércores, as tartarugas fomos visitar a fonte que temos ao lado do cole: a Fonte de Entrevalos. Aproveitamos para encher as nosas botellas e probar esa auga tan rica. Fomos tamén ao Lavadoiro da Miranda a lavar. Gustounos moito, aínda que menos mal que temos lavadoras!.

18/11/2010

Carta de Paco

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE INFANTIL:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?



A min gustaríame saber que auga é boa para beber en Moaña, e que é unha fonte.
Podedes axudarme?

Espero as vosas respostas!


Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

12/11/2010

MAGOSTO

O venres celebramos o Magosto no colexio. Fixemos uns cestiños con moito colorido para poder comer as ricas castañas asadas. E como non, xogamos a algúns xogos populares, como a pita cega, os aros, os birlos e as cadeiras solidarias.

04/11/2010

SAMAÍN









O venres celebramos o Samaín. Os nenos e nenas trouxeron cabazas decoradas e puxéronlles nomes moi divertidos: Spiderman, Lola, Terrorífica, Susi, Home cable con araña xigante na cabeza, Tartaruga, León, Gatiño, ... Apagamos as luces, encendemos as cabazas e realmente DABAN MOITO MEDO!

01/11/2010

Seguimos de excursión polas aulas de Primaria

Na clase de 6º, explicáronnos que tiñan os libros ordenados por coleccións, que decoraran a biblioteca cun díptico do seu libro preferido e que ao lado do ordenador colocaran os libros que lles gustaban de pequenos, para ensinárnolos a nós.

De excursión polo cole III

Na clase de 4º, aprendemos que o índice sérvenos para buscar o que queremos nos libros, sen ter que revisar todas as follas. Nós xa o sabiamos pero non llo dixemos, o que non sabiamos era utilizar marcadores para sinalizar as páxinas que nos gustan. Isa regalounos uns marcadores rosas que imos utilizar enseguida.
Os nenos e as nenas explicáronnos como decoraran a súa biblioteca e cales eran os libros que máis lles gustaban.Tamén nos prestaron o seu libro de golfiños, imos coidarllo moito!

De excursión polo cole II

Na clase de segundo ensináronnos os contos que máis lle gustaban e Anxo leunos un poema da Lúa que nos gustou moito:

21/10/2010

AS TARTARUGAS

Ola a todos e todas! Somos as tartarugas de Quintela. Comezamos o cole fai moi pouquiño. Ó principio estabamos un pouco desorientados, pero pouco a pouco xa aprendemos a merendar soliños, onde se colocan as cousas, onde están os baños, etc. Estas son algunhas das actividades que fixemos os primeiros días.




















07/09/2010

Inicio de curso


As clases comenzan o día 10 de Setembro, no horario habitual; de 9 a 2.
As actividades de tarde empezarán no mes de outubro

25/06/2010

Rimas das pelotas

As pelotas fan rimas cos seus nomes:

Estes somos nós

Os nenos e nenas de tres anos contánnos o que lles gusta:

Os paraugas

Os nenos e nenas de tres anos e os paraugas:

22/06/2010

FELICES VACACIÓNS, PONIS!

A fermosa viaxe que comezamos xuntos chegou ó seu fin. Rematamos unha etapa xuntos e xuntos empezamos outra. Durante estes tres anos medrastes moito e aprendemos moitas cousas xuntos:a ler, a contar, a xogar, a compartir, fixemos moitos amigos e amigas, cantamos, pintamos, lemos moitos contos,... Tivemos bos momentos, e dos outros tamén, pero quedo coas vosas risas, os perdóns, a emoción, o xogo e o voso cariño.
FELICES VACACIÓNS PONIS!
BIQUIÑOS, ANA

VISITA DOS NENOS E NENAS DE VIDE

O xoves fixemos unha xuntanza cos nenos e nenas de Vide. Viñeron en tren ata Vigo, en barco ata Moaña, e despois de dar un paseo por Moaña, viñeron a visitar o noso colexio e a coñecernos a todos e todas. Comimos todos xuntiños en Meira, e pola tarde, xogamos a moitas cousas divertidas: carreiras de sacos, comer a mazá, cos ovos,... Grazas por vir a visitarnos!


10/06/2010

ALUMNADO NOVO DE 3 ANOS

O martes 1 de Xuño recibimos aos pais e nais dos nenos e nenas de 3 anos para o curso 2010-2011. Falamos con eles da chegada dos seus fillos e fillas ao noso colexio o vindeiro setembro. Os días 2 , 3 e 4, no horario de recreo visitáronnos os nenos e nenas, xogamos, coñecémonos e tiveron un primer encontro co seu novo colexio. Dámoslle a benvida e para que se vaian facendo unha idea do que facemos no cole: