10/06/2014

Visita á aula de 6º de Infantil


    Hoxe foi un día especial para os Pingüíns (e tamén para a profe, para que negalo)! Xa somos maiores, o tempo pasa e para o curso que vén xa estaremos no cole grande!! Así que hoxe, aproveitando unha sesión na que os Unicornios non estaban... alá  fomos  inspeccionar!

Vimos onde imos ter que facer a fila ...




 Onde está o carteliño que marca a nosa aula...


Observamos moi ben todos os recunchos...






 E xogamos un pouquiño. Que difíciles son os puzzles de maiores!

Quedamos moi tranquilos ao ver que tamén teñen construcións!



E encantounos o recanto do hospital!










En moi pouquiño tempo... esta será a nosa nova aula!

Os primeiros días de escola

Estas son algunhas das cousiñas que fixemos as tartarugas os primeiros días.

05/06/2014

SEMANA DA FROITA

A semana pasada tivemos no cole a semana da froita. Cada día unha froita diferente: cereixas, plátanos, peladillos, amorodos e melocotóns. Estaba toda riquísima!!!




Abril, mes do libro na aula dos Pingüíns.


No mes de abril os Pingüíns presentamos aos compañeiros os nosos contos favoritos. Mirade que ben o fixemos: 



Ademais, tivemos moitas visitas de familias que nos viñeron ler á aula:












02/06/2014

O GARUTIÑO

Aquí están as tartarugas bailando O Garutiño, de Pesdelán, na clase de música coa profe María. Que ben o pasan!!!

21/05/2014

ABRIL, MES DO LIBRO

Na clase das tartarugas fixemos un montón de actividades polo mes do libro. Aquí tedes algunhas delas.

18/05/2014

"Cantos animais" de Susa Herrera

O mércores 7 de maio Susa Herrera presentounos o seu último libro, Cantos animais. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.I e 1º, 2º e 3º de EP fomos ao auditorio Daniel Castelao para escoitar algunhas das cancións. Encántannos! Velaquí tendes algunhas:
O crocodilo


A xoaniña




ACUARELEANDO

As tartarugas xa somos moi maiores e xa somos capaces de pintar con acuarelas todos xuntiños!!!

02/05/2014

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Aquí están as tartarugas de Quintela, contándonos os seus contos favoritos.

25/04/2014

AS FAMILIAS CONTAN

Esta semana tivemos a visita de dúas mamás que se animaron a lernos un conto. Marta ,a nai de Antía, contounos os contos de "Cocodrilo", "Pingu, el pingüíno juguetón", e "¿Puedo mirar tu pañal?".  E Loli, a nai de Ariadna, leunos "Víctor na granxa". Grazas mamis, por ser contacontos por un día.





24/04/2014

CONTACONTOS NA CLASE DOS UNICORNIOS

COMO ESTAMOS NO MES DO LIBRO , TEMOS VISITAS DE FAMILIARES QUE QUEREN COMPARTIR UN CONTO CON NÓS.
HOXE  VEU BEA, A NAI DE ALDARA, E CONTOUNOS A HISTORIA DO ELEFANTE COMELLÓN, UN DIVERTIDO CONTO DE ANIMAIS, ESCRITO POR RAFAEL ORDÓÑEZ E ILUSTRADO POR MARC TAEGER ( KALANDRAKA ), QUE NOS ENCANTOU.
...E Ó FINAL HABÍA UNHAS DELICIOSAS SORPRESAS!!!
























MOITAS GRAZAS, BEA,...POR TODO!





07/04/2014

LECTURAS FAVORITAS DE MARZO

OUTRO MES XA VAI FÓRA E NA CLASE DOS UNICORNIOS ESCOLLEMOS OS NOSOS CONTOS E POESÍAS FAVORITOS:

O                     O MELLOR CONTO DO MES









A MELLOR POESÍA DO MES






02/04/2014

VISITAS POÉTICAS NA CLASE DOS UNICORNIOS

ONTE, CANDO ESTABAMOS NA CLASE DE INFORMÁTICA RECIBIMOS UNHA AGRADABLE VISITA: OS NENOS E NENAS DE 2º VIÑERON RECITARNOS UNHA  POESÍA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.












 E HOXE, NA NOSA HORA DE LER, VIÑERON OS NENOS E NENAS DE 5º E RECITÁRONNOS UNHA DE HELENA VILLAR JANEIRO. 









           FIXÉRONO  DE MARABILLA!!!

    ENCÁNTANNOS AS VISITAS E AS POESÍAS!!!