11/04/2013

A resposta das tartarugas a Paco: Onde se crían os mexillóns?

No mes de marzo chegou a nosa aula unha nova carta de Paco. Neste caso, quería saber onde se criaban os mexillóns, asi que nos puxemos mans á obra! O primeiro que fixemos foi preguntarlle ás familias e en canto comezaron a chegar as primeiras respostas, puxémonos a traballar. Se ben, esta vez o fixemos diferente: fixémolo en equipo! Entre todos decidimos como queriamos facer a resposta: se grande ou pequena, se escrita por nós ou coas respostas da casa, con debuxos ou sen eles,... Logo de moito pensar, decidímolo facer en grade, escribindo nós mesmos a resposta, decidindo que fotos queriamos pegar e facendo a nosa propia batea!



A verdade é que nos gustou moito traballar en equipo, tanto que agora todo o queremos facer deste xeito!

10/04/2013

OUTRO XOGO COA TARTARUGA MENTA

PARA ESTE TRIMESTRE, TEMOS NOVOS XOGOS CO LORO PERICO, DA EDITORIAL SM, VISTOS NO BLOG DE MARIFE LARA ROMERO, RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

09/04/2013

OUTRO XOGO CO LORO PERICO

PARA ESTE TRIMESTRE, TEMOS NOVOS XOGOS CO LORO PERICO, DA EDITORIAL SM, VISTOS NO BLOG DE MARIFE LARA ROMERO, RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL



05/04/2013

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado da natureza e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00.
                                                                                            Un saúdo

María    C.
                                               Coordinadora do Equipo de Natureza.

CHOVE NOS VERSOS

NO MES DE MARZO, AS CHICHARRAS APRENDEMOS E ILUSTRAMOS UN POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, DO SEU LIBRO "CHOVE NOS VERSOS", UN POEMA MOI ACAÍDO PARA ESTE CURSO TAN CHUVIOSO QUE LEVAMOS:

04/04/2013

QUERERES DE CHICHARRAS

ESTE ANO SEGUIMOS TRABALLANDO OS AFECTOS E UNHA PARTE MOI IMPORTANTE É SABER EXPRESALOS. ADEMAIS , EXPRESALOS EN GALEGO É ALGO QUE APRENDEMOS NA ESCOLA. ASÍ NOS QUEDOU A PRESENTACIÓN:

21/03/2013

DÍA DA POESÍA

Polo día da poesía os hamsters, xunto cos nenos e nenas de 1º, estamos aprendendo un poema de Rosalía de Castro. Cada neno e nena tiña que aprender un verso, pero cal é a nosa sorpresa, cando nos demos conta de que o sabiamos enteiro, e así foi como nos quedou.

17/03/2013

Fomos a unha conferencia.

As chicharras fomos á clase de Segundo. Aprenderan moitas cousas dos homes e mulleres prehistóricos, e fomos escoitalos. Estivemos moi atentos!!!


14/03/2013

Tomamos decisións

Como medran estas tartarugas! A semana pasada tivemos que decidir que tempo queriamos poñer no noso mural do mar: sol ou chuvia. Todos comezaron a dicir o que preferían pero démonos conta de que dese xeito non chegabamos a ningunha conclusión. Así que, tras unha breve explicación, puxémonos mans á obra! Rafa, o encargado foi apuntando cada unhas das decisións poñendo un pauciño ao lado do debuxo do sol ou da chuvia.


Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades que ben o fixeron!


Ao rematar as votacións, contamos os pauciños, escribimos os números e vimos quen gañou: o sol! 



12/03/2013

Rimas de amor

Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amos para os seus fillos. Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felititar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:

09/03/2013

OUTRO PAPÁ QUE SABE MOITO DE BARCOS

AS CHICHARRAS ESTAMOS DE SORTE: ONTE FOI O PAPÁ DE NAIARA (DAVID) O QUE VEU Á NOSA CLASE A CONTARNOS COUSAS INTERESANTÍSIMAS DE BARCOS: COMO SE FAN, CALES SON AS SÚAS PARTES, CANTAS CLASES DE BARCOS HAI,...
ENSINOUNOS MOITAS REVISTAS CON FOTOS DE BARCOS E DEIXOUNOS ALGUNHAS NA CLASE PARA QUE AS POIDAMOS VER E APRENDAMOS UN MONTÓN.

                            MOITAS GRAZAS, DAVID!

06/03/2013

FALANDO DE BARCOS...

NA CLASE DAS CHICHARRAS ESTAMOS TRABALLANDO NUN PROXECTO SOBRE BARCOS E HOXE RECIBIMOS UNHA VISITA MOI INTERESANTE:
 VEU ALBERTO, O PAPÁ DE DAVID, E CONTOUNOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE OS VELEIROS. TROUXO UN BARQUIÑO PEQUENO PARA QUE VÍSEMOS COMO SON, ENSINOUNOS LIBROS E REVISTAS CON FOTOS CHULÍSIMAS ...E UNHA VELA DE VERDADE, TAN GRANDE,TAN GRANDE, QUE CASE NON CABÍA NA NOSA AULA...

                           MOITAS GRAZAS, ALBERTO! 


03/03/2013

QUERIDOS HÁMSTERS


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  PARA QUÉ SERVEN AS BATEAS?



01/03/2013

Hora de biblioteca na clase dos pequenos

As nais do equipo de apoio á biblioteca escolar estiveron poñendo  etiquetas cos números ben grandes na portada de todos os libros de Infantil ( de 3 a 6 anos) para que eles mesmos poidan ler o número de rexistro.
E unha maneira de ir aprendendo a identificar os números.
Ides ver que ben o fan. Veredes que levan nas carpetas de préstamos o número de carné da biblioteca escolar.

QUERIDAS CHICHARRAS


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  QUE É UN BALANDRO?



27/02/2013

QUERIDAS TARTARUGAS


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  ONDE SE CRÍAN OS MEXILLÓNS?



26/02/2013

OS HAMSTERS INVESTIGAMOS SOBRE AS BATEAS

Os Hamsters recibimos unha carta de Paco. Quería aprender cousiñas sobre o mar, concretamente sobre as bateas. Preguntounos: PARA QUE SERVEN AS BATEAS?. As respostas dos nenos e nenas de 6º de Infantil foron as seguintes:
- Para pescar peixes.
- É un barco para navegar en lagos.
- Sirve para que nazan peixes.
- Para pescar medusas.
- Para agarrar cousas.
-Para coller polbos, mariscos, centolas,...
- Para coller mexillóns e caranguexos.
- Para que nazan as crías dos mexillóns.
- Para coller mexillóns e despois comelos.
- Para coller caranguexos e peixes.
- Son unhas táboas que están no mar, que son rectangulares, debaixo hai unhas cordas con mexillóns colgados. Despois veñen os barcos e collen os mexillóns e lévannos as tendas e supermercados e despois vai a xente e compraos.

Como non nos poñiamos de acordo decidiron preguntarlles os papás e mamás, que eles saben de todo.
Fixemos hoxe a nota, así que mamás e papás dos Hamsters, necesitamos a vosa axuda para esta nova investigación.

24/02/2013

4º e 5º no PORTO DE VIGO

ESTIVEMOS NO PORTO DE VIGO, QUE É MOI GRANDE, TEN AS LONXAS, OS VIVEIROS, A FÁBRICA DE XEO... NÓS ESTIVEMOS NA LONXAE NOS VIVEIROS DE MARISCO: