29/09/2011

XA ESTAMOS EN 6º

COMENZOU O NOVO CURSO E AGORA SOMOS OS MAIS VELLOS DE INFANTIL. XA ESTAMOS EN 6º!
ESTAMOS NO COLE GRANDE E XA NOS SENTIMOS UN POUCO MÁIS GRANDES.
DECIDIMOS SER A CLASE DOS PEIXES E PENSAMOS APRENDER MOITAS COUSAS ESTE ANO.

16/06/2011

O Piripimpin

Mañá en Vide imos cantar o Pirimpinpim, para practicar mirade este vídeo que enlazaron no seu blog:


















e este outro de Malvela:

Imos a Vide!!

O venres 17 por fin imos visitar a escola dos compañeiros de Vide,, no concello de As Neves que o curso pasado estiveron con nós en Moaña. Esta é a mensaxe que nos enviaron para invitarnos:

15/06/2011

IMOS Ó MUSEO

O LUNS DÍA 13 AS NENAS E NENOS DE INFANTIL VISITAMOS A CASA DAS ARTES DE VIGO PARA VER A EXPOSICIÓN DA PINTORA MENCHU LAMAS.
QUEDAMOS IMPRESIONADAS/OS CON AQUELES CADROS TAN GRANDES E BONITOS!

25/05/2011

27/04/2011

En abril e todo o ano.....contos!

Os leons e leoas, de 5º de Infantil, contáronlle un conto aos golfiños, de 6º de Infantil:O GLOBO VERMELLO

13/03/2011

A FESTA DE ENTROIDO

E chegou o día e todos e todas vestímonos de curruvellos e curruvellas. Daban medo as carautas que non coñeciamos, pero enseguida descubrimos quen era o que nos quería asustar.

APRENDENDO SOBRE O ENTROIDO

Para aprender que son os CURRUVELLOS, estivo con nós Geno Piñeiro, da Asociación Cultural Meiramar-Axóuxeres, onde bailan algúns dos pais e nais dos leóns.

02/03/2011

XA CHEGA O ENTROIDO !

XA NON QUEDA NADA PARA O ENTROIDO E NAS AULAS DE INFANTIL ESTÁMONOS PREPARANDO CON CARAUTAS E ANTIFACES.



A VER SE NOS RECOÑECEDES!

01/03/2011

É mentira!

Hoxe estivemos no salón do libro de Pontevedra. Este ano está dedicado ás mentiras nos contos. Puidemos ver a grandes mentireiros, como Pinocho, o lobo de Carapuchiña ou a bruxa de Hansel e Gretel. Xogamos a dicir mentiras e gustounos moito volver a atoparnos co lobo  Orbil, a mascota do salón.

10/02/2011

Concurso de cartas de amor

Os nenos e nenas maiores do cole están facendo cartas de amor.Son cartas de amor aos amigos, a súa mascota, aos seus irmás, aos seus pais,..
Despois van presentalas ao concurso de cartas de amor que convoca a biblioteca do noso cole, por segundo ano.
Este curso tamén hai concurso para pais e nais. Animádevos.
Mirade aqui si queredes saber mais.

O QUE ME GUSTA DO COLE

AS TARTARUGAS DEBUXÁRONSE E CONTANNOS O QUE MAIS LLES GUSTA DO COLE:

23/01/2011

Contos de Paz desde Vide

Desde Vide eses amigos que temos en As Neves, vía Sarmenteiros chéganos esta recompilación de contos de paz. Moitos deles poderedes atopalos na exposición que preparamos entre todos e todas:

19/01/2011

FONTECAN





Hoxe, mércores, con motivo de estar traballando o Proxecto da auga en Moaña, fomos visitar a fonte de Fontecan. Costounos un pouco atopala porque está un pouco escondida, pero agora xa sabemos onde podemos ir a coller auga cando estemos xogando na alameda e no parque.