11/11/2025

PROTECTORA DO MORRAZO

A aula de 6º de infantil está desenvolvendo un interesante proxecto sobre os CANCIÑOS, a mascota elexida para este curso. 
Como parte da investigación, puxémonos en contacto coa Protectora de Animais do Morrazo e organizamos un recollida solidaria de comida para cans e gatos. Visitamos as aulas avisando ó resto do alumnado e animamos a toda a comunidade educativa a participar.


Tamén tivemos a sorte de recibir no centro a visita das coidadoras da protectora, Lorena e Sandra, que nos explicaron a súa labor diaria e resolveron todas as dúbidas do alumnado sobre o coidado e a protección dos canciños.




Antes da visita da Protectora ao colexio, un sábado pola mañá, as familias e o alumnado da clase de 6ºI desprazáronse ata a Protectora para pasear aos canciños dando un paseo polo monte. Foi unha experiencia marabillosa, chea de aprendizaxe, respecto e cariño cara aos animais.


Dende aquí queremos agradecer a colaboración e o entusiasmo de todas as familias, así como o apoio da Protectora do Morrazo para facer posible esta experiencia tan especial.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.