A clase de tres anos de Infantil, " a clase dos pandas", está facendo un proxecto sobre estes animais. Ó investigar onde viven, descubrimos que é en China e, a partir de aí, mergullámonos un pouco nesta cultura tan marabillosa. Para isto contamos coa visita de María, a nai de Roi, que é unha apaixoada da cultura chinesa e que nos visitou para contarnos moitísimas cousas sobre esta. Moi amablemente,fíxonos a bebida típica de alí, o té, e algunha da súa comida; ademais de traernos moitísimos obxectos de alí, como abano, kimonos, búsola, paus chineses, selos con letras chinesas,... Foi todo un pracer terte na clase María, esperamos verte pronto con outra charla. Moitísimas grazas da "clase dos pandas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.