24/10/2024

Granxa Kirico

  Este martes visitamos a Granxa Kirico, actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra, dentro do programa "Vive o Rural".

Pasamos un día moi divertido, converténdonos en granxeiros por un día, disfrutando da natureza, interactuando cos animais,...

Comezamos o día visitando as ovellas e as cabuxas e dándolles de comer. Saudamos a Panceta e Bacon, os porquiños, e coñecimos á vaca Pinta e os tenreiros Clementina e Valentina. Acariciamos a Indio, o cabalo máis extrovertido, e a Pompón e Tambor, uns coellos moi mimosos que se deixaron abrazar polos nenos e nenas.

Aproveitamos o contacto coa natureza para facer una "bomba de sementes", cunha landra no seu interior, e elaboramos unhas ricas galletas.

Pasamos un día estupendo na granxa, comendo xuntos e compatindo experiencias. Unha xornada de convivencia estupenda!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.