As tartarugas, dinosauros e artistas puidemos gozar dun día de teatro . Para iso desprazámonos ata a biblioteca de Quintela e alí pasámolo en grande coa obra de teatro
" Avoas", a cargo da compañia A Run Run Teatro. Durante a obra de teatro, ademais de rir unha chea, aprendemos un pouquiño da vida de mulleres como Rosalía de Castro, Celia Rivas, Lida Valentín e María Luz Morais; mulleres, todas elas , que achegaron o seu gran de area pola IGUALDADE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.