28/10/2021

A mesiña da estación

 Na aula de música temos unha mesiña da estación. É un elemento empregado na pedagoxía Waldorf que sirve como enlace entre a natureza e os nenos e nenas. Conéctaos co ritmo do ano e o paso das estacións. Así de fermosa luce a nosa mesiña. Como podedes ver está cheíña de follas, paus, ourizos... Todos os elementos da natureza que podemos atopar nun paseo nesta época do outono. Se afinades a vista, tamén hai un pequeno esquío! Moitas veces aparecerán animaliños ou trasniños para que os nenos e nenas busquen  na mesiña. Iremos amosando como vai cambiando co paso do tempo. Se alguén se anima a facela na casa, estaremos encantadas de explicarvos que facer. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.