15/05/2021

AS TARTARUGAS E AS SÚAS FAMILIAS

Na clase das Tartarugas temos un recanto especial, onde está o mural coas nosas familias, porque na familia é donde comeza todo.

Na clase limos o conto "Un puñado de botones", onde descubrimos que hai moitos tipos de familias, pero todas teñen un fío invisible que une aos seus membros e fan que se axuden e que se queran.

Hoxe, 15 de maio, é o Día Internacional da Familia. Vós, as familias, sodes o motor das vidas de cada unha das Tartarugas, por iso, durante este trimestre adicamos un tempo para coñecervos a tod@s.

Está aventura acaba de comezar, queda moito percorrido xunt@s, así que é importante coñecernos.  Grazas por compartir coas demais Tartarugas un anaco das vosas vidas. 

Feliz día FAMILIAS!!! 















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.