14/02/2019

NOVO PROXECTO EN 4º DE INFANTIL

Hoxe cando chegamos á clase tiñamos unha sorpresa! Debaixo dunha tea había algo escondido. Aí comezou a expectación !
- Que será?
- Unha tartaruga?
- Un xogo?
- Unha tele?


Pois NON! Resulta que era UNHA MÁQUINA DO TEMPO!
Esta máquina do tempo tiña unha foto. Algúns pensaron que o que saía nela eran montañas pero outros souberon que eran PIRÁMIDES! As pirámides de EXIPTO!!!



A partir de hoxe as tartarugas van empezar a investigar e aprender unha chea de cousas sobre esta época e país tan especial. Porque os peques do cole tamén poden aprender "cousas de maiores" e imos demostralo!
Xa empezamos a montar a recuncho do novo proxecto!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.