27/02/2018

CAMPAÑA MATRÍCULA 2018-2019


                 SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-2019
1 AO 20 DE MARZO
A solicitude de admisión é para:
·      O alumnado que vaia cursar o vindeiro curso 4º de E. Infantil ( nados no ano 2015)
·      Aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no curso 18/19 (traslado de domicilio, cambio de centro,…)
O alumnado que reservou praza (os nenos e nenas que veñen da EEI de O Con) non teñen que facer solicitude de admisión, a non ser que non houbera praza para todos/as.
Como se fai a solicitude de admisión:
Deberán presentar:
1. Cubrir a solicitude ED550B que poderán recoller na secretaría do noso centro. Debe asinala pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
o  Tamén poden cumprimentar a solicitude eles mesmos na aplicación  http://www.edu.xunta.es/admisión alumnado e traernos o código da solicitude que deberán imprimir.
o  Outra opción é descargar a solicitude( ED550B)  en sede electrónica da xunta e traela cuberta.
2. Fotocopia do DNI da persoa solicitante
3. Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno/ao (DNI ou libro de familia )
4. Certificado do anterior centro onde cursou estudos , si é o caso.
5. En caso de separación ou divorcio, convenio regulador do mesmo.

O alumnado que cursa estudos no noso centro NON ten que facer reserva de praza.

Postos ofertados en Educación Infantil:

CURSO
4º Infantil
5º Infantil
6º Infantil
PRAZAS
22+3 NEE
2
11

Postos ofertados en Educación Primaria:

CURSO
1º Primaria
2º Primaria
3º Primaria
4º Primaria
5º Primaria
6º Primaria
PRAZAS
3+3 NEE
3
2
1
7
2

·     

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.