05/02/2018

AS TARTARUGAS LEVAMOS MOITO TEMPO INVESTIGANDO E ESTE É O RESULTADO

Aínda que antes de comezar o noso proxecto xa coñecían cousas das tartarugas, pouquiño a pouco foron quen de ir investigando e fixando a súa atención neste animal. 
Grazas ós contos,ás fotos e ós vídeos ,achegámonos á súa vida. Ademais tivemos a visita dunha tartaruga na aula, e todos compartiron anécdotas de tartarugas cercanas que teñen nas familias.

 Neste caso fixemos un primero achegamento ás tartarugas, xa que a cousa secomplicaba un pouco ó ter que diferenciar as tartarugas terrestres de mariñas, por non contarvos os debates en canto á alimentación destas. 
O que si é seguro é que o pasamos moi ben e cada día nos acostumamos máis a ser "actores e actrices" diante da cámara e ser quen de lembrar e explicar o noso guión.

ESTAS TARTARUGAS DE QUINTELA SON MOI TRABALLADORAS
 

1 comentario:

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.