11/12/2015

AS BOLBORETAS SOMOS INVESTIGADORES

Os nenos e as nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota...este foi o noso proxecto durante este trimestre. O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes. Este é o resultado da súa investigación!! Fixeron onte unha exposición oral do seu traballo na biblioteca para os máis pequenos do cole, xirafas e gatiños, e para os nenos e nas de 1º e 2º, para explicar aos demais o seu traballo e todo o aprendido. Felicidades bolboretas polo voso traballo!!!
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.