29/10/2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Cada ano a Asesoría de BE elixe un lema para a celebración, que desenvolve o Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) . Nesta ocasión, o lema era BIBLIOTECA ESCOLAR……MATEMÁTICO!!!! querendo lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e no mundo que nos rodea.
Os contos matemáticos que utilizamos en infantil foron "A Cebra Camila" e "A Merliña":




A cebra Camila que perdeu 7 raias e vai chorando 1, 2, 3, 4, 5, 6,...7 bágoas polas raias que lle faltan.

E a merliña, que tan contenta estaba cos seus 5 merliños, e vanlle quedando 4, 3, 2, 1 merliños sen comer pola raposa.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.