Os canciños buscan no patio toda clase de bechos, co seu equipo: lupas, ganapán , pinzas.
Aíndan seguen buscando nome para este equipo que explora a natureza e aos seus habitantes máis pequenos.
Os canciños buscan no patio toda clase de bechos, co seu equipo: lupas, ganapán , pinzas.
Aíndan seguen buscando nome para este equipo que explora a natureza e aos seus habitantes máis pequenos.
Os canciños desfrutaron do Samaín, compartindo as cabazas aportadas polas familias, facendo unhas carautas de cabazas moi tenebrosas, lendo contos de medo na aula, participando na charla que deu o alumnado de 4ºP sobre a historia do Samaín e visitando a exposición de cabazas polo colexio.
As nenas e os nenos de 6º de infantil xa estamos de volta, e este ano xa somos os maiores!!
Prestade atención ao blog para ver todas as actividades que imos facendo durante este curso.
Chegan as vacacións, pero antes toca visitar a aula na que imos estar o curso que ven. As bolboretas, acompañados dos pandas, visitaron a aula de 6ºI, xa que en setembro xa nos toca estar no cole dos maiores.
O alumnado de 2ºP, foron os protagonistas de novo esta semana, xa que fixeron varios contacontos polas aulas do colexio. O luns visitaron a aula de 5ºI, Alicia, Laia, Iliana e Asier, para contar dous contos os pequenos do colexio.
NORABOA!!! QUE BEN O FIXERON!!!
Rematamos onte en 5ºI coa actividade de fomento da lectura "As familias contan". Nesta ocasión, Alba, irmá de Laia, contounos dous contos, "Hai un tigre no xardín" e "Unicornios".
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR NESTA ACTIVIDADE TAN ENRIQUECEDORA!!
Lucas foi o encargado de pechar as nosas sesións de contadoras e contadores e fíxoo cunha nova aventura da serie "Escuela de monstruos", de Sally Rippin.
Rematamos, así, esta actividade tan bonita, coa que demostramos que estamos listas e listos para contar muito e moi ben en primaria.
A pesar de que o tempo non nos acompañou nalgún que outro intre, a xornada de convivencia en Castrelos foi moi amena e divertida.
Xa case rematamos coa actividade "As familias contan". A semana pasada tivemos a visita de Mara e Antía, curmá e irmá de Álex, e tamén a avoa de Óliver. Moitas grazas ás familias pola súa participación!!!
As bolboretas, despois de moito investigar sobre o teatro, e de crear un teatrillo, decidimos representar o conto de "Os tres porquiños". Dividimos o alumnado en tres grupos e representamos a obra de teatro con títeres para os nosos compañeiros e compañeiras.
Amaia, Paula, Sofía e Lucas, representaron a obra para o curso de 3ºP.; Efrén, Sofía, Laia e Pepe para o curso de 2ºP. e Christian, Naira, Óliver e Alez para Infantil.
Nestas semana tivemos varias sesións na biblio:
Mateo trouxo " Mi primer gran libro del océano", de National Geografic, e contounos cousas moi interesantes dalgúns animais mariños.