17/05/2013

Limoada coa avoa de Adrián

Que sorte teñen estas Tartarugas! Este luns foi un día cargado de emocións: as Chicharras léronnos o seu conto Cabeza de Cabaza, foi o cumple de Luca e viu a avoa de Adrián a facer con nós limoada! Pero non so iso, ademais contóunos moitas cousas interesantes sobre os limóns e toooodas as cousas que se poden facer con eles!


15/05/2013

AS CHICHARRAS TAMÉN CONTAN

AS CHICHARRAS ESTIVEMOS MOITO TEMPO ENSAIANDO O NOSO CONTO "CABEZA DE CABAZA" E NESTES DÍAS FÓMOSLLO CONTAR ÓS NENOS E NENAS DOUTRAS CLASES.
        ONTE CONTÁMOSLLO @S DE 2º...E SAÍUNOS  MOOOOI BEN!










E DESPOIS OS NENOS E NENAS DE 2º CONTÁRONNOS O CONTO 
DO OSO ATRAPABOLBORETAS...QUE NOS ENCANTOU!







AS FAMILIAS CONTAN

HOXE  AS CHICHARRAS TIVEMOS UN CONTACONTOS ESPECIAL NA BIBLIOTECA DO COLE: FRAN, O PAPÁ DE AICHA, CONTOUNOS   "A VACA QUE PUXO UN OVO"...E ENCANTOUNOS!







MOITAS GRAZAS, FRAN!

13/05/2013

12/05/2013

CORRELINGUA EN BUEU

O VENRES FOMOS A BUEU Á FESTA DO CORRELINGUA.
PRIMEIRO XOGAMOS, LOGO MERENDAMOS E DESPOIS...BAILAMOS!!
HABÍA MOITOS XOGOS E TAMÉN HOUBO MOITO BAILE, FOI MOI DIVERTIDO.

06/05/2013

ABRIL, MES DO LIBRO

Estas son algunhas das  actividades que fixeron os hamsters no mes de abril, polo Día do Libro. Estiveron moi ocupados!

AS FAMILIAS CONTAN

A semana pasada, os hamsters tivemos outra vez a visita de dúas nais que nos viñeron a contar dous contos chulísimos: "El monstruo de Patrick" e "A formiga". Gustáronnos moitísimo e dende aquí dámoslle as grazas de novo a Sonia e a Susana por visitarnos. Un biquiño grande dos hamsters!


01/05/2013

MERENDA ESPECIAL

NA CLASE DAS CHICHARRAS ESTAMOS REMATANDO XA O NOSO PROXECTO DOS BARCOS E, PARA CELEBRALO, O MARTES TIVEMOS UNHA MERENDA SORPRESA : BARCOS....E CHOCOLATE!
                 
                       


                          ESTABA DELICIOSA!!!!!!!!

29/04/2013

Contos e cancións coa familia de Adriana!

Vaia sorte teñen estas tartarugas! Hoxe viñeron contarnos o conto da Ratiña Presumida a nai e a irmá de Adriana. Tanto nos gustou que lles diciamos: outra vez, outra vez! Tamén cantamos con elas a canción de Para dormir a un elefante. Pasámolo moi ben! E antes de marchar déronnos unhas moedas riquísimas de chocolate como as que atopuo a ratiña!










Moitas grazas por vir!
Cando queirades podedes volver!

28/04/2013

Mariscamos coa avoa de Claudia!

O venres viu visitarnos a familia de Claudia, a súa avoa e o seu pai. A avoa é mariscadora e ensinounos moitísimas cousas: os aparellos, como se empregan, berberechos, diferentes clases de ameixas, navallas,... Ata nos achegou un trociño de praia para que puideramos facer as nosas primeiras prácticas como mariscadores e mariscadoras! Ao rematar, o pai de Claudia contounos un pequeno conto que eles mesmos fixeron sobre o cultivo da ameixa.
Encantounos!
Moitas grazas por vir e, xa sabedes, podedes volver cando queirades!

27/04/2013

CONCERTO DE MÚSICA

Onte as chicharras e os hamsters fomos a un Concerto da Escola Municipal de Música, titulado "A caixa de música". Gozamos moito escoitando os diferentes instrumentos e acompañándoos con palmas.

26/04/2013

AS FAMILIAS CONTAN

Esta semana tivemos a visita de tres mamás dos hamsters que se animaron a lernos un conto.Os nenos e nenas disfrutaron moito con estas valentes mamás. Contáronnos os contos de "Mago de Oz",  o conto dos Bolechas "A Fraga de Cambre" e "Un ojito, dos ojitos y tres ojitos". Gracias Sira, Verónica e Mª Dolores por ser contacontos por un día.



25/04/2013

Saímos ler ao sol!

Canto nos gusta o sol! 
Tanto tanto que hoxe decidimos saír ao patio a ler e así relaxarnos das carreiras do recreo.
Que ben se estaba! 














24/04/2013

AS FAMILIAS CONTAN

HOXE VEU BEA, A MAMÁ DE ALDARA, Á CLASE DAS CHICHARRAS:
CONTOUNOS DOUS CONTOS PRECIOSOS:"ORELLAS DE BOLBORETA" E "A GALIÑA ROXA".












































...E , Ó REMATAR, REGALOUNOS CHOCOLATE: QUE RRRRRICO!!!!!!!
























MOITAS GRAZAS, BEA......POR TODO!

23/04/2013

Un agasallo de Paco polo Día do Libro!

Que sorpresa cando chegamos hoxe á aula despois de inglés! Co motivo da celebración do Día do Líbro, Paco fíxonos un agasallo xenial: un conto dos Bolechas que se pode mollar! Xa estivemos facendo as nosas cábalas e hai quen o vai ler na piscina, na praia, na catarata, quen vai probrar se flota na bañeira,...
Encantounos!! E fomos para casa moi contentos!







MOITAS GRAZAS PACO!

AS FAMILIAS CONTAN

IRIA, A NAI DE DIEGO, ESTIVO HOXE NA CLASE DAS CHICHARRAS CONTÁNDONOS O SEU CONTO FAVORITO, "OS SETE CABRITOS":

                               


 ENCANTOUNOS!!!    MOITAS GRAZAS!!!

DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, HOXE AS CHICHARRAS E AS TARTARUGAS TIVEMOS UNHA SESIÓN ESPECIAL DE LECTURA NO PATIO, ONDE COMPARTIMOS OS NOSOS LIBROS FAVORITOS : PASÁMOLO MOI BEN!

22/04/2013

A familia de Óscar e o pan de millo.

     O xoves pasado viu á aulas das tartarugas Mucha, a avoa de Óscar! Contounos e ensinounos moitas cousas interesantes sobre o pan de millo: as espigas, como se debullaban, que se facía logo co gran, como era a fariña milla, como se cocía o pan,... Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi comelo! Non sobrou nadiña!



Moitas grazas Mucha, podes volver cando queiras!

21/04/2013

Boas noticias para o noso cole

Onte, sábado 20 de Abril,  tivo lugar a  XXII edición dos premios da Irmandade do libro, que concede a
Federación de Librarías de Galicia., para premiar os traballos relacionados co libro e a lectura no ano 2012. O noso centro  recibiu o premio da categoría centros de Ensino.

O acto celebrouse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, e nel estivo presente o Consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que nos fixo entrega do diploma acreditativo, e unha escultura de bronce de Ismael López Fernández., ademais de un lote de libros por valor de 2000 euros.

O prestixioso premio ten varias categorias. Os premiados de este ano foron:


  •  Libraría "Kómic" de Santiago de Compostela
  • Fomento da Lectura: A web "Galicia Encantada" 
  • Recoñecemento especial a Antonio Fernández Maira, pola súa labor como coordinador da Federación de Libreiros
Mais información en:
Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Brétemas

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

19/04/2013

ABRIL, MES DO LIBRO

O día 23 de abril conmemórase do Día Internacional do Libro e para celebralo, ademais de todas as actividades previstas polo equipo de biblioteca, aquí deixamos estas xoias de contos para que gocedes: