07/10/2013

A VOLTAS COS NÚMEROS!

Este ano na clase dos pingüíns imos darlle moitas voltas a isto dos números... Xa vos iremos contando máis polo miúdo, pero, de momento, o noso rexistro de encargados/as xa é diferente ao do ano pasado: agora todos temos un número que nos identifica!





Ademais, tivemos que solucionar algún que outro problema pola repetición de nomes e puxémonos moi rápido de acordo! Escribimos a inical do noso primeiro apelido ao ladiño e sen máis líos!







06/10/2013

OS PRIMEIROS DÍAS DAS TARTARUGAS

Estas son algunhas das cousiñas que fixemos as tartarugas os primeiros días.

02/10/2013

AS TARTARUGAS

Ola, somos as tartarugas de Quintela! Empezamos o cole hai moi pouquiño, e estamos aprendendo moitas cousas nestes primeiros días. Coñecemos  moitos amigos novos, xogamos no patio, cos puzzles, cos animais, fixemos un mantel para merendar,...e moitas máis cousas que xa vos iremos contando. Un bico grande para todos e todas!!!

21/09/2013

Que fixemos esta semana os Pingüíns?

 Pois o primeiriño que fixemos foi pensar no nome da nosa clase, así que todos e todas fixeron ás súas propostas:

Pouco a pouco fomos descartando as que menos nos convencían cunha nova votación (non fagades moito caso ás cifras porque o de poder votar só unha vez aínda non o temos moi claro)
 Case ao final tivemos un empate, pingüís ou dinosauros,...
 E por moi pouquiño gañaros os PINGÜÍNS!!

Outra cousa importante que decidimos esta semana foi a de escoller se iamos empregar fotos nos carteis das perchas, se só escrbiamos o nome... Aquí a decisión foi clara e unánime: sen foto, que xa somos maiores e o nome escribíano eles: Mirades que chulos quedaron:

19/09/2013

PRESENTACION DE 6º DE INFANTIL

                            OLA!
COMO SOMOS OS NOV@S DO COLE DE ARRIBA, OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL QUEREMOS PRESENTARNOS PARA QUE TOD@S OS DE PRIMARIA NOS COÑEZAN.

 


...E , POR CERTO,O OUTRO DÍA ESTIVEMOS VOTANDO E XA TEMOS MASCOTA:
  

                  

17/09/2013

XOGANDO CON EDUCAMIGOS

IMOS XOGAR CON EDUCAMIGOS OS XOGOS QUE PON A NOSA DISPOSICIÓN A COMUNIDADE DE CASTELA E LEÓN

13/09/2013

XA ESTAMOS DE NOVO!
      Xa rematou isto de ser os pequenos do cole! Agora xa estamos na aula dos maiores de 4 anos e ben que se nos nota! Cantísimo medramos neste verán...

     Nestes días andivemos moi liados descubrindo os nosos novos espazos e materiais, investigando que cousas nos facían falla, anotando para Paco as temáticas dos libros que queremos para a nosa biblio, escollendo como queriamos chamarnos este ano... moitísimas cousas!

     Se ben, o que máis nos gustou de todo foi estrenar o curso co noso novo conto, así que con esta foto nosa e con CARABUÑAS dámosvos a benvida a outro ano xenial:


Feliz comezo de curso de parte da
AULA DOS PINGÜÍNS



12/09/2013

XA ESTAMOS EN 6º DE INFANTIL!!!

                                             OLA!





XA ESTAMOS DE NOVO NO COLE...E AGORA NA CLASE DOS MAIORES!
PRIMEIRO FOMOS TARTARUGAS, DESPOIS CHICHARRAS...E ESTE ANO, 
QUE SEREMOS?... UN DÍA DESTES TEMOS QUE DECIDILO!
EMPEZAMOS CON MUITÍSIMAS GANAS...DE ESTAR NO COLE DE ARRIBA, DE XOGAR, DE APRENDER, DE PASALO BEN!

E ESTE FOI O PRIMEIRO CONTO QUE LEMOS: "ONDE ESTÁS, CARACOL?", DE SUSANA iSERN E LEIRE SALABERNA, EDITADO POR OQO.






                                         
              ENCANTOUNOS!!!

10/09/2013

EMPEZAMOS!!

ESTA É A DISTRIBUCIÓN DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O GRUPO DE 4º DE iNFANTIL:

26/06/2013

Proxecto Os barcos

AQUÍ ESTÁ TODO O QUE APRENDEMOS EN 5º DE INFANTIL SOBRE OS BARCOS:

25/06/2013

PROXECTO AS CHICHARRAS

E AQUÍ ESTÁ O QUE APRENDEMOS SOBRE AS CHICHARRAS, A NOSA MASCOTA EN 5º DE INFANTIL:

21/06/2013

FELICES VACACIÓNS, HAMSTERS!

Os nenos e nenas de 6º de Infantil despídense de esta etapa, para entrar en Primaria. ¡Que difíciles son as despedidas e máis aínda cando compartimos tantas cousas!. Pero xa é hora de cambiar, o curso chega ao seu fin, e con el a etapa de Infantil. É o momento de dicirnos adeus  e de voar a outra etapa, na que tamén o ides a pasar moi ben e aprenderedes moitas cousas interesantísimas. Agora chega o momento de disfrutar de estas merecidas vacacións, disfrutando da praia e do sol.¡Felices vacacións, hamsters!. Un bico con todo cariño, Ana.

20/06/2013

Investigamos sobre as eirugas

Neste terceiro trimestre as Tartarugas estivemos moi liadas facendo este libro eiruga con todo o que aprendemos sobre elas. Mirade que ben nos quedou!



18/06/2013

OS HAMSTERS EN PRIMEIRO

Os hamsters visitamos estes días a clase de 1º, xa que nos queda moi pouquiño para ser esa a nosa aula, e tiñamos moita curiosidade por saber se tiña xoguetes, se as mesas eran iguais que as nosas, se tiñan alfombra,...Ao final descubrimos que a clase é moi parecida a nosa, xa que ten puzzles, xogos de mesa, alfombra, teñen un encargado igual ca nós, normas na clase, percheiros, biblioteca na aula, hora de ler,...Tranqilízámonos moito cando nos contaron as cousas que fixeran este curso, e cando responderon a todas as nosas preguntas. Grazas!







Psicomotricidade!

As tartarugas xa son unhas veteranas facendo circuitos no ximnasio! Aquí o vemos.



15/06/2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS



4º DE INFANTIL


5º DE INFANTIL



6º DE INFANTIL

09/06/2013

NA ILLA DE SAN SIMÓN

ESTIVEMOS MOI ANSIOSOS ATA QUE CHEGOU O DÍA, E POR FIN FOMOS A SAN SIMÓN E PASÁMOLOEN GRANDE, COMO FAN OS PIRATAS:

06/06/2013

AS BATEAS

Os hamsters contestamos por fin á carta de Paco: "Para que serven as bateas? Para criar mexillóns". Aprendemos moitas cousas das bateas, pero ata o final de todo non nos demos conta que as bateas "é iso que flota no mar e que non se move". Así que nos asomamos e alí estaban... Tiñamos moita curiosidade por saber como flotaban as bateas, así que decidimos construir unha. Non foi fácil... Con dúas botellas e cuns pauciños puxemonos a traballar, e a base de probar e probar ó final fomos construindoa.

E despois de moito traballo chegou o momento de poñela a flotar....e por suposto, FLOTOU

03/06/2013

Poema do crocodilo.

Fai xa algo de tempo que decidimos facer o noso primeiro traballo en equipo. Comezamos coa resposta a unha das preguntas do ratiño Paco, pero rápido quixemos traballar xuntos de novo. Así que puxémonos mans á obra e decidimos escribir, ilustrar e recitar o noso propio Poema do Crocodilo baseado no conto Crocodilo da Editorial Kalandraka. 
Esperamos que vos guste!












02/06/2013

Comémonos aos tres porquiños!

Que ben o pasamos o venres! María, a nai de Mateo B. e Conchi, a súa tía, ademais de traernos o conto dos 3 Porquiños narrado por Mateo e o seu pai, ensináronnos a decorar unhas magdalenas con fondant, unha especie de plastilina que se pode comer! Despois de abrandar o fondant estirámolo coa axuda dos rolos da plasti (ben lavadiños, por suposto) e comezamos a crear os nosos propios porquiños e porquiñas! Mirade que chulos nos quedaron!



MOITAS GRAZAS POR VIR!