29/05/2020

PROPOSTA DE CARMEN PARA 4º DE INFANTIL



E AQUÍ ESTÁN AS FOTOS QUE ENVIARON: OS PRIMEIROS PASEOS DESPOIS DE TANTOS DÍAS SEN SAÍR !




QUE ALEGRÍA!
AGORA SÓ NOS FALTA PODER FACER A FOTO DO PRIMEIRO DÍA TODOS XUNTOS DE NOVO...QUE GANAS!

                         XA FALTA MENOS!

NÚMEROS E DADOS

Para facer esta actividade temos que crear unha folla coma esta.


As primeiras filas cúbreas o adulto e as outras os peques da casa.Teñen que escribir os mesmos números pero expresándoos de forma diferente. Os números cámbianse polas caras do dado e viceversa.


28/05/2020

CHUVIA DE CORES

BO DÍA:
 A PROPOSTA DE HOXE É UNHA ACTIVIDADE SENSORIAL, PARTICIPATIVA E DE OBSERVACIÓN.
CON ESTES TRES INGREDIENTES:
- AUGA
-COLORANTE ALIMENTARIO
-ACEITE VEXETAL

ENCHEMOS UN BOTE DE CRISTAL GRANDEIRO CON AUGA, NUN VASO BOTAMOS O ACEITE E OS COLORANTES.( UTILIZAMOS TANTO DE XIRASOL COMA DE OLIVA). 

REMEXEMOS BEN E INCORPORÁMOLO Ó BOTE DE CRISTAL.
ESPERAMOS UN POUCO E DESEGUIDO FAISE MAXIA. 
É FERMOSO DETERSE A OBSERVAR COMO CAEN LENTAMENTE AS GOTAS DE CHUVIA DE CORES.
SE EMPREGAMOS MÁIS CORES SERÁ MÁIS VISTOSO.
                ESPERO QUE GOCEDES!! UNHA SÚPER APERTA PARA TODOS E TODAS.!
Mami Reggio - ⁣Las veces que mi hija me ha pedido que...

27/05/2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA

BOAS, PEQUES!!!PARA HOXE PROPOÑEMOS:

PINTAR SOBRE PAPEL DE ALUMINIO

É MOI SINXELO E CONSEGUIREMOS UN EFECTO DE CORES BRILLANTES. SÓ TEDES QUE PINTAR SOBRE O PAPEL DE ALUMINIO BEN ESTIRADO COAS TÉMPERAS E CANDO SEQUE PEGALO NUNHA CARTOLINA.
DÉIXOVOS UN VÍDEO PARA QUE VEXADES O PROCESO.



ÁNIMO, ESPERO QUE GOCEDES COA PROPOSTA!!!

26/05/2020

HORA DO CONTO

BO DÍA!
HOXE TEMOS A CONTINUACIÓN DA HISTORIA DO LOBO QUE QUERÍA CEAR UNHA OVELLA.LEMBRÁDELA? POIS AQUÍ VOS QUEDA: "LOS LOBOS QUE VINIERON A CENAR". A VER SE VOS GUSTA!

25/05/2020

ESCRIBIMOS O NOSO NOME

ESTA É UNHA ACTIVIDADE PARA A CLASE DOS LEOPARDOS, PERO QUE PODEN FACER TODOS OS NENOS E NENAS DE 4º E 5º DE INFANTIL SEN PROBLEMA. 
HOXE TEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI SINXELA: CADA NENO OU NENA TEN QUE ESCRIBIR O SEU NOME NUN FOLIO EN BRANCO EN GRANDE, ESCRITO PREFERIBLEMENTE CON ROTULADORES. PODEDES FACELO COLOREANDO, CON PUNTOS, DE DIFERENTES CORES,... PERO SEN ADORNOS ARREDOR. MIRADE OS EXEMPLOS DEBAIXO E BOTÁDELLE IMAXINACIÓN. 
CANDO O TEÑADES LEMBRADE MANDAR UNHA FOTO Ó CORREO DA CLASE
ANIMÁDEVOS!






LECTOESCRITURA SENSORIAL

Collemos unha boliña de espuma de afeitar, extendémola nunha mesa ou bandexa e poñémonos a escribir . Podemos usar os dedos, un pauciño, bastonciño,... o que queiramos. E podemos escribir o noso nome, palabras copiadas, palabras que se nos ocorran, debuxos,...
                                           A que é moi divertido?





22/05/2020

ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN

Hoxe faremos esta actividade na que terán que exercitar a atención, a concentración e o trazo.
Elaboraremos unha folla como esta.

O obxectivo é rodear cada frecha coa cor que lle corresponde segundo a pauta dada na parte superior da folla.



21/05/2020

PROPOSTA DE DARÍO PARA 4º DE INFANTIL

























A MÁQUINA DAS EMOCIÓNS


Boas!:

Hoxe presentamos unha ferramenta sinxela e divertida para aprender a xestionar as emocións e descubrir o poder que temos para poder transformalas.
Neste  momento que nos toca vivir, xa sodes conscientes de que a sensibilidade está a flor de pel e que as emocións saltan con nada e os enfados son máis continuos.
O que se vai  intentar é transformar pensamentos negativos en positivos. Non é sinxelo para os adultos, imaxinádeo para os cativos e cativas. Así, con esta máquina intentaremos materializar as emocións e darlle un toque lúdico.

Máquina de las emociones: una herramienta para enseñar a nuestros hijos a gestionar sus emociones
Os pasos a seguir son:
1º Acendemos a máquina ( un acto simbólico).
2º Introducimos o pensamento negativo na máquina( poden escribilo nun papel ou debuxalo).
3º Dámoslle á ruleta de emocións positivas ou  collémola das caixas das emocións positivas.
4º Comprometémonos a utilizar a emoción positiva e deixamos a negativa na máquina.
Máquina transformadora de emociones para niños: una herramienta de gestión emocional

Algunhas ideas para a transformación de emocións poden ser:
ALEGRÍA, OPTIMISMO, CONFIANZA, OPTIMISMO, TRANQUILIDADE.

Unha sinxela idea para desbloquear emocións que nos costa quitar de enriba, xogando en familia.

 A continuación deixo un enlace sobre contos que falan das emocións: https://rejuega.com/reflexiones-y-recursos/literatura-infantil/50-cuentos-para-trabajar-las-emociones-con-los-ninos/

20/05/2020

PROPOSTA DE LUCAS PARA 4º DE INFANTIL
























PLÁSTICA

BOAS, PEQUES!!!HOXE COMO ACTIVIDADE PLÁSTICA PROPOÑEMOS:

O CALIDOSCOPIO

PARA FACER ESTA MANUALIDADE TEDES QUE SEGUIR AS INSTRUCIÓNS DO VÍDEO E DIVERTIRVOS AO MIRAR POLO MESMO.




ESPERO QUE VOS ANIMEDES E QUE GOCEDES COA PROPOSTA!!!

18/05/2020

POESÍA PARA PINTAR!

      SI, SI! A POESÍA PÓDESE ESCOITAR, LER, RECITAR, CANTAR,...E TAMÉN PINTAR E DEBUXAR , SOBRE TODO ESTES POEMAS QUE ESCRIBIRON CONCHA BLANCO E GLORIA FUERTES NOS SEUS LIBROS "POEMAS PARA PINTAR" E "VERSOS PARA DIBUJAR", IDEAIS PARA ESTES DÍAS SOLEADOS:
 

O SOL É AMARELO

TEN OITO RAIOS

ALGO VERMELLOS.

( CONCHA BLANCO )





EL SOL ARRIBA,

EL MAR ABAJO,

Y EN MEDIO DEL MAR

UN BARCO.

 ( GLORIA FUERTES)


PODEDES ESCRIBILOS (OU QUE VOLOS ESCRIBAN) E DEBAIXO IR DEBUXANDO O QUE DIN OS VERSOS, OU PODEDES PINTAR UN CADRO GRANDE, OU FACER UNHA COLAXE PEGANDO PAPELIÑOS, BOTÓNS, FÍOS,...O QUE MÁIS VOS GUSTE!



OS LEOPARDOS INVESTIGAN

OLA, LEOPARDOS!! DENDE QUE PACO ENVIOU ESTA FOTO INVESTIVASTES UN MONTÓN. XA SABEMOS QUE PACO ESTÁ EN FRANCIA, NA CAPITAL QUE SE CHAMA PARÍS, E QUE ESTE MONUMENTO TAN IMPORTANTE É A TORRE EIFFEL. 



ESTES SON TODOS OS TRABALLOS QUE MANDASTES E QUE EU LLE ENVIEI TAMÉN A PACO PARA QUE APRENDA MOITAS COUSAS DE ONDE ESTÁ. TAMÉN SABELA ENVIOU UN VÍDEO EXPLICANDO A SITUACIÓN NO MAPA, NON VOLO PERDADES, QUE ESTÁ XENIAL, E CON EL IDES APRENDER UN MONTÓN!!!














BUENO, LEOPARDOS, ESPERO NOTICIAS DE PACO. ESTADE ATENTOS AO BLOG QUE EN CANTO ME ESCRIBA VOS AVISO, A VER SE ESTA VEZ CONSIGUE CHEGAR Á CASA.


BIQUIÑOS GRANDES DA VOSA PROFE QUE VOS BOTA MOITO DE MENOS!!!

EXPERIMENTO "A AUGA QUE CAMIÑA"

HOXE  ANIMÁMOSVOS A QUE FAGADES ESTE SINXELO EXPERIMENTO NA CASA. SOAMENTE PRECISADES AUGA, VASOS, PAPEL E COLORANTE. MIRADE O VÍDEO PARA SABER O QUE TEDES QUE FACER.

PODEDES FACER COMO NO VÍDEO, POÑENDO MOITAS CORES, OU CON DÚAS E POÑENDO UN VASO SÓ NO MEDIO.

PROBADE E LOGO... A ESPERAR A VER QUE SUCEDE!!



Conto: "El Gusanito"

Este conto é moi útil para exercitar as praxias orofaciais, para traballar a mobilidade dos órganos que interveñen na produción da fala, e así, estimular a linguaxe oral e previr posibles dificultades.




16/05/2020

CHOVE PARA QUE EU...

O ALUMNADO DE INFANTIL DESÉXAVOS UN FELIZ DÍA DE LETRAS GALEGAS 2020.
AGASALLÁMOSVOS CUNHA ADAPTACIÓN DA POESÍA "CHOVE PARA QUE EU SOÑE" DE UXÍO NOVONEYRA, FEITA POLOS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 





15/05/2020

O CONTO DE DARÍO PARA CUARTO DE INFANTIL


PARA RAZOAR E ESCRIBIR UN POUQUIÑO

Hoxe presentámosvos este xogo que mestura a lóxica e a lectoescritura.
Para xogar tedes que facer unha táboa como esta.



Na parte superior dereita debedes escribir a palabra de referencia, pode ser o seu nome ou calquera outra.
Na columna da esquerda debedes facer unha secuencia de cores co mesmo número de círculos que letras teña a palabra de referencia.
O 1 e o 2 indican o número de veces que debemos escribir a palabra.
Os peques da casa terán que escribir a palabra elixida coa mesma secuencia de cores que se marca na columna da esquerda e facelo unha vez ou dúas, depende do número que apareza.

14/05/2020

O CONTO DE AROA PARA CUARTO DE INFANTIL


ARTE CON ELEMENTOS NATURAIS DA PRIMAVERA

Ola, familias!
Imos aproveitar a estación na que estamos,na que os campos están preciosos, cheos de flores e cores diferentes, para traballar algunhas actividades cos nenos e nenas.
Todas sabemos os beneficios da natureza, fonte inesgotábel de estímulos nos pequenos e pequenas. O medio natural, actúa como ferramenta para a exploración sensorial, o control do movemento, a mellora do autocontrol e a capacidade de enfocar a atención.
Tamén a podemos utilizar para fomentar nos nenos e nenas o respecto pola natureza e polo coidado ao seu ecosistema.
As miñas propostas son:

  • Facer mandalas con flores:
  • Aproveitar os paseos a praia:
  • Reforzar o esquema corporal:


  • Crear ramos de flores para unha persoa especial.
  • Colleitar flores.
  • Buscar e atopar flores na natureza.
  • Pintar con flores.
  • Facer pocións máxicas ou perfumes florais.
  • Secar flores.
  • Flores conxeladas.

Infinidade de posibilidades que temos na natureza para traballar moitos aspectos importantes no desenvolvemento dos nenos e nenas.
Espero que vos animedes a experimentar e que gocedes coas propostas.
Unha súper aperta!!