O CEIP Quintela participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.
Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións.
Todos estes datos apúntanos na entrada do cole, nun taboleiro,para que así todo o alumnado poida cosultalos e traballar logo nas diferentes aulas.
Na clase dos canciños, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.