30/04/19

AS FAMILIAS CONTAN EN 4º DE INFANTIL

HOXE TIVEMOS A VISITA DE PATRICIA, A NAI DE PABLO, E CONTOUNOS "A MELLOR SOPA DO MUNDO", UN CONTO ONDE A PROTAGONISTA É UNHA TARTARUGA . O REMATAR O CONTO ESCOITAMOS E BAILAMOS A CANCIÓN QUE LEVA O MESMO NOME.




AS FAMILIAS TAMEN CONTAN NA CLASE DOS DINOS

NA CLASE DOS DINOS XA LEVAMOS 3 CONTACONTOS

 GRAZAS A SONIA A NAI DE NOELA QUE CONTOU "EL DRAGÓN DE LAS ESTRELLAS Y NOELA"







A ÁDEGA, A NAI DE MARTÍN, QUE REPRESENTARON O "MAGO ROSA"





E A ÁLEX, A NAI DE HUGO E NOEL , QUE TIVO QUE LER DOUS CONTOS.

NOEL ELIXIU ¿DONDE ESTÁ LA LUNA?

E HUGO "DINOSAURIO BELESAURIO"





 O XOVES SEGUIMOS COAS VISITAS DAS FAMILIAS, ESTAMOS MOI EMOCIONADOS

29/04/19

AS FAMILIAS CONTAN EN 4º DE INFANTIL

COMEZAMOS A SEMANA COA VISITA DE JANIRE, A NAI DE ANER,  QUE NOS CONTOU A HISTORIA DOS CHIBOS CHIBÓNS. PARA CONTALO USOU UN KAMISIBAI FEITO POR ELA. ENCANTOUNOS! Ó REMATAR O CONTO CADA NENA E NENO COLOREOU A UN DOS PROTAGONISTAS.


26/04/19

AS FAMILIAS CONTAN EN 4º DE INFANTIL

HOXE NA CLASE DAS TARTARUGAS TIVEMOS A VISITA DE JENIFER, A MAMÁ DE DANI RODRÍGUEZ. CONTOUNOS "A QUE SABE A LÚA?" E ENCANTOUNOS. ADEMAIS TRÓUXONOS UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA PARA COLOCAR AOS ANIMAIS NA ORDE QUE SAEN NA HISTORIA E ASÍ PODER CHEGAR ATA A LÚA.



24/04/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: LIAH

O MARTES, TIVEMOS OUTRA SESIÓN DE CONTACONTOS NA CLASE DE 6º DE INFANTIL.
 ESTA VEZ, LIAH CONTOUNOS O FERMOSÍSIMO CONTO DE NADARÍN, QUE  CONTOU MARABILLOSAMENTE BEN.



16/04/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: UXÍA

NESTA OCASIÓN TOCOULLE O TURNO A UXÍA, QUE NOS CONTOU UN DIVERTIDO CONTO TITULADO ¡VOY A COMEDTE!.
PARABÉNS, UXÍA!!!


PARQUE DOS SENTIDOS

09/04/19

MES DA POESÍA: RIMAS DOS CANCIÑOS

NO MES DA POESÍA, OS CANCIÑOS INVENTAMOS UNHAS RIMAS MOI DIVERTIDAS COAS NOSAS MASCOTAS, COS IRMÁNS OU CON CALQUERA COUSA QUE SE NOS FOI OCORRENDO.
MIRADE QUE CHULÍSIMAS QUEDARON.



OS DINOSAUROS XOGAN DESCALZOS NO XIMNASIO

Como a algúns NOS ESQUECEU  traer os tenis ao cole para poñer ao quitar as botas de auga.... pois todos descalzos!


04/04/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: AROA

AROA SORPRENDEUNOS CO DIVERTIDÍSIMO CONTO DE "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA", DA EDITORIAL KALANDRAKA.
ACABAMOS LENDO O CONTO TRES VECES, PORQUE NOS ENCANTA.
MOI BEN, AROA!!!


OS MARTES CONTAMOS NÓS: LOIS

NESTA OCASIÓN TOCOULLE O TURNO A LOIS, QUE NOS CONTOU O FAMOSO CONTO DE "OS TRES PORQUIÑOS", DA ED. KALANDRAKA. 
TROUXO UNHAS MARIONETAS QUE FIXO O CONTO MÁIS DIVERTIDO.
PARABÉNS LOIS!!!