Na clase das tartarugas apareceu unha máquina moi rara! Estamos alucinados! É unha máquina do tempo! A máquina do tempo ten moitos botóns e tamén unha foto moi especial. Na foto saen as pirámides! Investigamos que eran e descubrimos que a máquina do tempo nos levou a Exipto. Gustounos viaxar a outro lugar! Exipto mola moito! Agora investigamos sobre faraóns. Os faraóns son os reis de Exipto e por iso fixemos estes debuxos. Verdade que estamos guapas de faraonas?
Na clase das tartarugas o recuncho de Exipto non para de crecer. Xa sabemos unha chea de cousas e cada vez queremos aprender máis e máis. O proxecto está sendo todo un éxito e as nenas e os nenos de 4º de Infantil acabarán sendo uns expertos en pirámides, faraóns, esfinxes, momias e xeroglíficos. Aos poucos iremos ensinando algunhas das cousas que estamos a facer. Estade atentos !
ESTE ANO, POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA RECIBIMOS NO COLEXIO A NOELIA PÉREZ, ENTRENADORA DE TAEKWONDO EN MOAÑA, QUE CO SEU CINTO NEGRO NOS DEIXOU A TODO ABRAIADOS/AS COA DEMOSTRACIÓN QUE FIXO.
EXPLICOUNOS O SEU TRABALLO E COMO CHEGOU A CONSEGUILO, DÁNDOLLE IMPORTANCIA A FORMARSE E ESTUDIAR DURO PARA CONSEGUIR NO FUTURO O TRABALLO QUE MÁIS NOS GUSTE.
O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, DESENVOLVEU UN PROXECTO SOBRE OS CANCIÑOS, NO QUE APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS.
TRABALLANDO ESTE TEMA PUXÉMONOS EN CONTACTO COA PROTECTORA DE ANIMAIS DOMORRAZO PARA QUE NOS EXPLICARAN O SEU TRABLLO NA PROTECTORA COS CANCIÑOS E ASÍ TAMÉN POÑER EN VALOR NA COMUNIDADE O LABOR TAN IMPORTANTE QUE FAN.
OS CANCIÑOS FIXERON ESTA REPORTAXE, CONVERTÉNDONSE ELES EN "PEQUEPORTEIROS/AS" E ASÍ DIFUNDINDO O SEU LABOR.