O alumnado de 6º de Infantil participou este venres nunha actividade de compostaxe infantil, organizada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. O título da actividade é "Quen vive aí?". Rocío, a monitora da actividade, explicounos de onde sae o COMPOST ou "terra máxica", como lle chamou ela, e a importancia dos composteiros.
No obradoiro xogamos a facer maxia con material de refugallo, fixemos parellas con Ecocol, a súa mascota, plantamos con "terra máxica", visualizamos un vídeo,... e aprendemos un montón de cousas interesantes.
Agora xa sabemos o que pasa na composteira que temos no noso colexio e que pasa cos restos orgánicos que botamos na nosa papeleira verde.
ESTA SEMANA, NA CLASE DOS CANCIÑOS, EMPEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE SE CHAMA "OS MARTES CONTAMOS NÓS".
COMO NOS ENCANTAN OS CONTOS E XA SOMOS MOI MAIORES, A PARTIR DE AGORA OS MARTES TÓCANOS A NÓS CONTAR OS CONTOS OU RECITAR UNHA POESÍA AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
ESTE MARTES COMEZAMOS CON ZAIRA, QUE NOS CONTOU O CONTO "O MONSTRO DE CORES". FELICIDADES ZAIRA POLO BEN QUE O FIXECHES!!!