Pois nestas andamos... Dende que comezou o mes de decembro temos na aula un calendario de advento para ir facendo a conta atrás para a chegada de Papá Noël. Así que todos os días, logo de poñer a data, un de nós busca a súa xaneliña e come a súa pequena lambetada!