30/11/2013

XIÁN E MARINA ESCRIBEN A DATA!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades que ben escribimos xa os pingüíns!

 

29/11/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

ONTE FOI ANXO QUEN CONTOU... E LEVOUNOS COAS SÚAS PALABRAS NUNHA PRECIOSA VIAXE CON TEO EN TREN, DE VIOLETA DENOU.






28/11/2013

OS XACINTOS

As tartarugas plantamos xa os xacintos. Pasámolo moi ben e agora estamos impacientes esperando que medren.

26/11/2013

ONDE ESTÁ MOSCÚ?

As tartarugas estamos investigando sobre Wassily Kandinsky e descubrimos que naceu en Moscú. Pregunteilles onde estaba Moscú e estas foron as súas respostas:
  • Está lejísimos.
  • Lo podemos ver con un telescopio.
  • No, que el telescopio es para ver la luna.
  • Lo podemos ver con mis prismáticos.
  • Moscú está muy lejos de Moaña.
  • Necesitamos un mapa 
Así que nos puxemos a traballar e intentamos averiguar onde estaba Moscú.


Que é un mapa?
  • Es donde vemos Moscú.
  • Para seguir el camino.
  • Para buscar o camiño.
  • Para buscar a Moscú.
  • Para ver por onde está Moscú ou outros sitios que non sabemos como ir.


22/11/2013

MOMENTO RELAX EN 6º DE INFANTIL

NA CLASE DOS UNICORNIOS ACABAMOS DE DESCUBRIR O IMPORTANTE QUE É SABER RELAXARSE E AGORA TODOS OS DÍAS DESPOIS DO RECREO TEMOS UNS MINUTIÑOS DE "DESCONEXIÓN",NOS QUE DESCANSAMOS, RESPIRAMOS SUAVEMENTE...E QUEDAMOS COMPLETAMENTE OMMMM!






HOXE CONTOU DIEGO

ESTA SEMANA TAMPOUCO CONTAMOS O XOVES, ASÍ QUE HOXE NA BIBLIOTECA CONTOU DIEGO UN CONTO QUE NOS CHIFLA :OS TRES PORQUIÑOS. E SAÍULLE REQUETEBÉN!


19/11/2013

AS TARTARUGAS EN INFORMÁTICA

As tartarugas estamos aprendendo a usar o ordenador e o uso do rato cuns xogos moi divertidos. Mirade que ben o pasamos e que maiores somos!!!

14/11/2013

ESTE XOVES CONTOU IVÁN

NA CLASE DOS UNICORNIOS HOXE VOLVEMOS ÁS CONTADAS DOS XOVES E FOI IVÁN QUEN NOS AGASALLOU CUN CONTO CLÁSICO COÑECIDO POR TODOS E TODAS, PERO TAN BEN CONTADO QUE NOS ENCANTOU : OS SETE CABRITOS.








09/11/2013

ESTE VENRES CONTOU NAIARA

O  XOVES, COMO ESTIVEMOS DE MAGOSTO, NON TIVEMOS A NOSA SESIÓN DE CONTACONTOS, ASÍ QUE FOI O VENRES, NA HORA DE BIBLIOTECA, CANDO NAIARA NOS CONTOU UN PRECIOSO CONTO...QUE FALABA DUN UNICORNIO!!!: LILY, LA PRINCESA HADA, Y EL UNICORNIO.
ERA UN CONTO MOI LONGO, CON MOITO TEXTO...E SAÍULLE DE MARABILLA.










07/11/2013

O magosto e o San Martiño na aula dos Pingüíns

Na clase dos Pingüíns estivemos a falar estes días sobre o magosto e, como xa temos internet na aula, decidimos buscar información. Así, atopámonos con que nestes días se leva a cabo a vendima, a matanza do porco,... e que o 11 de novembro se celebra en Moaña o San Martiño. A moitos xa nos soaba esa festividade, incluso Xavi ensinounos un refrán que o resto aprendemos de contado: Polo San Martiño, trompos ao camiño. Ao día seguinte...



¡Sorpresa! Adrián e Mateo trouxéronnos dous trompos e estivemos probando a enrosca-la corda nel... aínda que é máis difícil do que asemella.

Buscamos tamén na rede outros refráns sobre o San Martiño e escollemos dous: o que nos dixera Xavi e A todo porquiño lle chega o seu San Martiño:

04/11/2013

ESCOLLENDO AS MELLORES LECTURAS

EN 6º DE INFANTIL LEMOS TODOS OS DÍAS UN CONTO OU UNHA POESÍA E, Ó REMATAR, CADA NENO/A ANOTA CANTO LLE GUSTOU (MOITO, POUCO OU NADA) E, ASÍ, TEMOS UN REXISTRO DE TODAS AS LECTURAS E CANDO ACABA O MES FACEMOS RECONTO E XA SABEMOS CALES FORON AS FAVORITAS.

                                              

                O MELLOR CONTO DE OUTUBRO





                 A MELLOR POESÍA DE OUTUBRO



01/11/2013

XOGO DE PISTAS

Polo día das Bibliotecas Escolares, Paco  tiña un xogo moi divertido para as tartarugas e agachounos varios contos na biblioteca. Deixounos unhas pistas para atopalos e  fixémolo tan ben que os atopamos todos!Este Paco sempre ten moitas sorpresas, por iso nos encanta ir á súa iblioteca!